As intensas choivas obrigan a suspender a programación do martes de Entroido en Pontevedra

13 de febreiro 2018
Actualizado: 11:17

A Festa Pirata infantil e a Noite Pirata previstas para a noite deste martes de Entroido aprázanse e retomaranse o sábado 24 de febreiro, sábado seguinte á data prevista para o fin da programación festiva na cidade. Cada ano termina co enterro do papagaio Ravachol, programado para o sábado 17 de febreiro 

Noite Pirata 2017 Diego Torrado

A concellería de Festas de Pontevedra decidiu suspender a Festa Pirata infantil e a Noite Pirata previstas para a noite deste martes de Entroido en Pontevedra debido ao mal tempo e as intensas choivas previstas para todo a xornada. 

Segundo informou o Concello de Pontevedra, ambas as actividades aprázanse e retomaranse o sábado 24 de febreiro, sábado seguinte á data prevista para o fin da programación festiva na cidade. Cada ano termina co enterro do papagaio Ravachol, programado para o sábado 17 de febreiro.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, explicou que a decisión se tomou porque "as previsións meteoroloxicas para o día de hoxe, martes de Entroido, non son todo o boas que sería desexable" e o portal Meteogalicia prevé que a fronte que está a pasar por Pontevedra desde primeira hora deste martes "vai aportar bastante auga e vento". A previsión é que durante o día non mellore

A decisión de aprazar as actividades para o sábado 24 adoptouse "para interferir ou menos posible en toda a programación de Entroido", tanto na propia como nos actos previstos noutros municipios, pois o público que asiste aos actos de Pontevedra e doutras localidades veciñas adoita coincidir e calquera cambio na cidade afecta a todos. 

Carme da Silva confía en que as previsións de Meteogalicia para os próximos días se confirmen e, a medida que avance a semana, mellore o tempo e non sexa necesario realizar máis cambios. 

As actividades do Entroido continúa o resto da semanasegundo a programación prevista.

Arquivado en