A Forza de Guerra Naval Especial adéstrase en Galicia para mellorar o seu traballo en ambiente marítimo e terrestre en clima atlántico.
Ata o próximo 23 de abril, a unidade realizará saltos paracaidistas á auga, mergullo de combate, colaboración con diferentes plataformas navais para adestramento en operacións de interdicción marítima, entre outros exercicios.
Durante este despregamento instalaron a súa base de operacións na Escola Naval Militar de Marín, realizando exercicios en diferentes localizacións de Pontevedra e tamén en Ferrol para realizar exercicios e colaboracións cos alumnos das escolas da Armada daquela localidade.
A Forza de Guerra Naval Especial conta co apoio de diferentes helicópteros da Flotilla de Aeronaves da Armada Española, nesta ocasión, helicópteros SH-60 F e SH-60 B das 5ª e 10ª Escuadrillas.