As Festas de Verán estrean programación infantil

Pontevedra
21 de xullo 2020

O ciclo 'Ven Trebellar' ofrece teatro, maxia e música para os máis pequenos en diferentes espazos da cidade

Espectáculo "Baila Roque, baila" de Baobab Teatro, na Alameda Mónica Patxot

A programación das Festas de Verán de Pontevedra ábrese ao público infantil.

Este martes foi a estrea dun novo programa festivo, denominado 'Ven Trebellar' e deseñado especificamente para os pequenos da casa. Foi co espectáculo 'Baila Roque, Baila', que Baobab Teatro levou á Alameda. Ademais a continuación o Parque Amalia Álvarez acolleu ' Do maxín á realidade', proposta de maxia de Barafunda.

A xornada contaba ademais con dobre cita da iniciativa Artes Vivas, co 'Blues do País e sindicato da Verbena' na Ferrería e 'Tres vellas (polo menos)' nas pistas de Campolongo.

Para este xoves 22 de xullo en Ven Trebellar a proposta ás 19.30 horas será 'Buscando o meu  tesouro' na Alameda, e en Amalia Álvarez ás 20.00 horas será a quenda da máxica cómica Noel. En canto ás Artes Vivas na Ferrería haberá espazo para a danza contemporánea de 'Give it Spin' ás 21.30 horas e ás 22.00 horas as pistas de Campolongo acollerán a 'Novecento Cabaret'.

Ademais a xornada do xoves servirá para inaugurar a Feira de Artesanía Chalana no Paseo Odriozola, unha proposta que poderá visitarse ata o próximo 16 de agosto.

Arquivado en