Como en cada data sinalada no almanaque, os pontevedreses prepáranse ante a chegada das festas do Entroido.
A meirande parte dos residentes desta cidade, acoden ao mercado municipal a realizar as súas compras para as comidas familiares que están por vir. A Praza de Abastos adoita ser un lugar moi concurrido en calquera momento do ano, pero o incremento das compras en época festiva é indiscutible e ata para os non residentes da cidade, que se desprazan dende outros lugares debido á gran calidade da materia prima.
As carnicerías son as máis beneficiadas na época de entroido, xa que as comidas típicas adoitan ter como ingrediente principal a carne de porco. O que máis se demanda é o lacón, que ata chega a cuadriplicar as súas vendas, así como todo o necesario para elaborar o cocido galego, como a costela salgada, pata de porco ou a orella, aínda que non chegan ao nivel de vendas do lacón, segundo conta o responsable da Carnicería Macario.
As datas nas que máis se merca son o sábado de Entroido e o luns, que normalmente é un mal día en vendas, tanto no mercado como nos comercios en xeral, e que nestas festas é un día de grande movemento. O público asiduo a mercar no mercado é, maioritariamente, de mediana idade en diante. Non é habitual ver a compradores de entre 20 e 25 anos mercando produtos específicos de entroido, xa que as comidas que se elaboran nestos días son tradición e case sempre son on avós quen reúnen a toda á familia.
En canto ao peixe, a xente non adoita consumilo como prato principal, polo que a demanda se mantén igual que o resto do ano. Os responsables das pescaderías da Praza de Abastos ven como a atención nestes días se centra na carne. Estos son uns papeis que se tornan na época de cuaresma, cando o peixe aumenta notoriamente as súas vendas.
SOBREMESAS TÍPICAS E EXQUISITAS
As sobremesas tradicionais seguen endozando as mesas dos pontevedreses este Entroido. Respecto deles, as orellas e as filloas seguen coroándose como favoritas, sendo as primeiras as máis demandadas nas datas previas. As flores, pola contra, quedan nun segundo plano, e mesmo se deixaron de comercializar, segundo conta unha das traballadoras de 'A Devesa'.
A pesar diso, si aumentaron a variedade de filloas, que se demandan tanto na súa forma máis tradicional como recheas de sabores como trufa, nata ou crema. Este ano, ademais, atrevéronse a engadir o plátano e a nutella neste establecemento, un reclamo cada vez máis atractivo para os escolares.
Cuns prezos especiais nestas datas, cada vez é máis común atopar aos pontevedreses nas pastelerías cargando as súas bolsas con estes caprichos carnavalescos. A falta de tempo e a preocupación por conseguir a mellor autenticidade provocan que establecementos que fan uso de obradoiros sexan a mellor alternativa á cociña de casa. Así o explicaba unha empregada de 'A Devesa', que remarca que o produto é artesán e nada ten que ver coa bolería industrial vendida nos supermercados.