As asociacións sen ánimo de lucro, protagonistas do Día da Liberación de Marín

Marín
04 de abril 2021

Marín conmemorou este domingo o Día da Liberación entre medidas de seguridade para evitar a expansión da covid-19 e cunha homenaxe ás asociacións sen ánimo de lucro e organizacións non gobernamentais da localidade

Día da Liberación de Marín 2021 Concello de Marín

Marín conmemorou este domingo o Día da Liberación entre medidas de seguridade para evitar a expansión da covid-19 e cunha homenaxe ás asociacións sen ánimo de lucro e organizacións non gobernamentais da localidade. 

A cita tivo o seu acto central ás 13.00 horas coa participación de todas as asociacións homenaxeadas: AECC Asociación Española contra el Cáncer; Asociación de acción solidaria Sor Elvira; Asociación Asociación Amor en Acción Amenac; Asociación benéfica de ayuda al necesitado Sos, Cáritas Diocesana Marín, Cáritas Diocesana Santomé, Voluntarias de la Caridad e San Vicente de Paul Comedor Benéfico.

Durante o acto, un integrante de Os Chaneiros interpretou o himno de Galicia.