As actividades para maiores cobran protagonismo no programa de lecer de Poio

Poio
12 de setembro 2021

As actividades de ocio do novo curso regresarán o Concello de Poio ano e medio despois desde o inicio da pandemia. Nesta ocasión, a intención da Concellería de Benestar Social é retomar a tradicional programación recuperando o clásico Programa Saudemente ou as clases de cociña de Elena Argüello, combinándoas con novidades como cursos de cianotipia ou caligrafía creativa

Presentación do programa de lecer Concello de Poio

As actividades de ocio do novo curso regresarán o Concello de Poio ano e medio despois desde o inicio da pandemia. Nesta ocasión, a intención da Concellería de Benestar Social é retomar a tradicional programación recuperando o clásico Programa Saudemente ou as clases de cociña de Elena Argüello, combinándoas con novidades como cursos de cianotipia ou caligrafía creativa.

Os que se verán máis favorecidos con esta programación serán as persoas maiores que, tal e como lembrou a socialista Rosa Fernández, "durante a pandemia estivemos moi pendentes destes veciños e veciñas, que
foron un dos colectivos máis expostos aos perigos".

Agora, xa coa situación máis ou menos normalizada, regresarán, cumprindo as medidas de seguridade, as sesións de Saudemente, dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Memoria e a ximnasia, volven os martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas o pavillón da Seca e á Escola do Campo de Combarro. No mesmo horario pero os luns e mércores será na Comunidade de Montes Rega do Can de Samieira.

Impartiranse tamén no local social de Campelo (de 17.30 a 19.30 horas), no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (de 16.00 a 18.00 horas) e no local social de Vilariño, martes e xoves de 18.30 a 20.30 horas. En todos os casos a cota mensual será de 10 euros.

Por un prezo de 12 euros mensuais serán as clases de ximnasia e tai-chi, que se impartirán os luns, mércores e venres de 10.00 a 11.00 ou de 11.00 a 12.00 horas.

Pola súa banda, gratuitas serán as clases de coro de maiores (xoves de 17.00 a 19.00 horas), as sesións de teatro para adultos (venres de 19.30 a 21.00 horas) e o tradicional Bingo Entretenido, que será unha vez ao mes.

Ademais, o Concello ten preparado un obradoiro de teléfonos móbiles 'smartphones', en grupos reducidos e horarios de tarde, tamén gratuíto e, na Casa Rosada ofrecerá, os martes da terceira semana de cada mes, paseos polo concello, para potenciar a actividade física, con saídas ás 10.00 horas.

As actividades clásicas seguirán existindo, como son os cursos de corte e confección, cunha cota de 22 euros mensuais, ou as sesións de cociña na Casa Rosada de Elena Argüello, que se recuperan con 8 clases a realizar en outubro e novembro, cunha inscrición de 50 euros.

Como grandes novidades, o 23 de outubro a Casa Rosada acollerá un curso de cianotipia, unha técnica a cabalo entre a fotografía e o deseño, que permite crear copias de imaxes dun xeito sinxelo e creativo. A inscrición será de 15 euros, materiais incluídos, e o horario de 10.00 a 14.00 horas.

O 12 de novembro, de 17.00 a 21.00 horas, ofrecerase un taller de Macramé, unha técnica tradicional para liberar tensións con creacións utilizando cordas. Por último, o venres 19 de novembro, co mesmo horario, haberá unha clase de iniciación á caligrafía creativa. En ambos casos, o prezo tamén será de 15 euros.

Para realizar as inscricións poderanse realizar chamando ao 986772401 ou cubrindo o formulario que está dispoñible na web do Concello. Terán prioridade as persoas residentes no municipio.