Arroz sushi con puré de mexillóns gourmet Pescamar

Poio
07 de decembro 2024

Unha receita ideal para servir como aperitivo e na que aproveitaremos todos os beneficios dun dos produtos estrela da cociña atlántica: o mexillón

Arroz sushi con puré de mejillones Cody Chan en Unsplash

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre de Conservas Pescamar e un dos produtos estrela da cociña atlántica: o mexillón.

O mexillón é un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. Caracterízase, ademais, polo seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas.

Para preparar un delicioso Arroz sushi con puré de mexillóns gourmet Pescamar, precisamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 150 g de queixo cremoso

- 2 cucharadas de maionesa

- 50 gramos de améndoas tostadas

- 100 g de arroz

- vinagre de arroz

Preparación:

Cocemos o arroz e, unha vez feito, condimentámolo con vinagre de arroz e revolvemos ata que se integren os dous ingredientes. Reservamos.

Poñemos nun vaso batedor o contido da lata de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar, previamente escorrida (reservamos o líquido), o queixo cremoso, a maionesa e as améndoas tostadas. Batemos ata obter unha crema sen grumos. Rectificamos co líquido da lata que reservaramos para que a crema quede máis fina.

Presentaremos este prato en recipientes individuais. Primeiro, colocamos o arroz e, enriba, unha porción de puré, usando unha culler ou ben cunha manga pasteleira.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Arroz sushi con puré de mexillónsCody Chan en Unsplash