Chega o outono e con el o regreso aos horarios e as rutinas de traballo. A falta de tempo a miúdo obríganos a renunciar ao pracer dunha boa comida. Pero non hai razóns para esa renuncia. Comer ben, fácil e en pouco tempo é posible. Para axudar a este obxectivo, recolleremos baixo a etiqueta "A cociña gourmet en conserva" unha selección de receitas sinxelas e rápidas, sempre co toque exquisito e a calidade das Conservas Pescamar.
Nesta primeira entrega, os protagonistas son os mexillóns, un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convérteno nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.
Para preparar un bo arroz con mexillóns gourmet de PESCAMAR, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de mexillóns gourmet Pescamar
- 100 gramos de arroz por persoa
- chícharos, cebola, tomates
- perexil, sal e pementa
Elaboración:
Nunha cazola sofreímos bastante gran cantidade de cebola cortada en anacos. Cando tomase cor, agregamos o tomate, o perexil picado e os chícharos.
Sazonamos con pementa e sal.
Engadimos 100 gramos de arroz por persoa, refogando un pouco para que se doure e engadimos 3 partes de auga por cada por cada 100 gramos de arroz, é dicir, tripla cantidade de auga que de arroz.
5 minutos antes de terminar a cocción agregamos dúas latas de mexillóns gourmet PESCAMAR.
Procuramos que o arroz quede un pouco caldoso.
E xa temos o noso primeiro prato listo. Nuns días farémosvos chegar unha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", con Conservas Pescamar.