Arrancan as obras de consolidación das ruínas de San Domingos

Pontevedra
10 de marzo 2015

Nos últimos meses, técnicos e especialistas viñeron realizando estudios de evaluación do estado das ruinas para conocer a súa seguridade e plantexar as recomendacións de actuación

Traballos nas ruinas de San Domingos

Este martes arrancaron as obras de consolidación das Ruínas de San Domingos, declarado Monumento Nacional dende o ano 1895.

Nos últimos meses, técnicos e especialistas viñeron realizando estudios de evaluación do estado das ruínas para conocer a súa seguridade e plantexar as recomendacións de actuación. En base a eses estudios, a Deputación encargou un proxecto de execución a unha firma especializada en este tipo de traballos para limpiar e consolidar os muros de fábrica esistentes, para garantir a súa conservación así como para realizar labouras que mitiguen a presenza de auga no arranque do muro.

Os traballos iniciados, que teñen un prazo de execución de catro meses, contemplan unhas actuacións previas e traballos concretos de consolidación.

ÿstes consisten nos seguintes:

  • Limpeza dos paramentos de muros polas caras exterior e interior.
  • Limpeza dos conductos de evacuación de auga
  • Saneamento das xuntas de fábrica nos paramentos
  • Rexuntado do aparello en todas as súas superficies garantindo a súa capacidade para frear a entrada de auga
  • Extracción de sales, solubles e non solubles, nos sitios máis problemáticos
  • Recollida dos fragmentos do capitel desprendido e estudio da posibilidade de dispoñelo de novo na súa ubicación orixinal
  • Aplicación de biocidas en diversas áreas
  • Revisión e fixación da estabilidade das tallas dos capiteis e elementos escultóricos
  • Disposición dun fleje de aceiro inoxidable para garantizar a estabilidade do parteluz nas ventás
  • Disposición de chapa de aceiro inoxidable para consolidar pezas soltas de gran tamaño e peso en zonas non visibles.
  • Colocación de elementos metálicos anti-aves nos alféizares das ventás e repisas dos capiteis.

 

A actuación nas ruínas que este martes se iniciou levaráse a cabo nunha superficie interior de 698 metros cadrados e exterior de 1.010 metros cadrados.