Arde o motor dun turismo na rúa Alcalde García Figueroa causando unha grande fumareda

Pontevedra
15 de xullo 2023

O incendio producíase a media mañá deste sábado 15 de xullo. Ata o lugar desprazábanse axentes da Policía Local de Pontevedra e os Bombeiros do Parque municipal. Non se rexistraron danos persoais

Incendio dun turismo na rúa Alcalde García Figueroa Marcos Garrido Ogando

Ao redor do mediodía deste sábado 15 de xullo, o motor dun turismo comezaba a arder cando o vehículo circulaba pola rúa Alcalde García Figueroa, xusto antes de alcanzar a rotonda con de Pintor Laxeiro e Rúa Lagares.

Foi necesaria a intervención da Policía Local de Pontevedra para cortar o tráfico e ata o lugar desprazábanse os bombeiros do Parque municipal para apagar as lapas. Tamén se achegaron efectivos da Policía Nacional. 

O lume provocou unha gran fumareda en toda esta zona da Parda. Non se rexistraron danos persoais.

Desde o colectivo dos bombeiros de Pontevedra indican que este sábadosó hai tres bombeiros para atender emerxencias en todo o municipio, por baixo dos servizos mínimos fixados polo propio Concello. Os bombeiros sinalan que esta mesma situación se repetiu ata dúas veces máis durante esta semana.

A demanda de efectivos remóntase a meses atrás e os representantes sindicais denunciaron en diversas ocasións a situación de inseguridade que supón a falta de persoal para atender con garantías as posibles emerxencias que se poidan desenvolver ao longo dunha xornada. 

O vídeo do incendio do turismo pertence a Marcos Garrido Ogando: