Apuran a instalación de lombos en Raíña Vitoria antes do paso de La Vuelta

Pontevedra
01 de setembro 2014

A empresa COVSA apura a construción dos lombos da Avenida Raíña Vitoria e a rúa Alameda. Os operarios traballan contrarreloxio xa que toda esta reforma deberá estar rematada antes do 11 de setembro para permitir o paso de La Vuelta Ciclista a España

Traballos de instalación de lombos en Raiña Vitoria PontevedraViva

A empresa COVSA apura a construción dos lombos da Avenida Raíña Vitoria e a rúa Alameda. Os operarios traballan contrarreloxio xa que toda esta reforma deberá estar rematada antes do 11 de setembro para permitir o paso de La Vuelta Ciclista a España.

Os traballos contan cun orzamento de algo máis de 60.000 euros.

Polo momento a obra non interfere na circulación rodada. Neste sentido, a instrución que se deu desde o Concello de Pontevedra é que se traballe en horario nocturno cando as reformas afecten ao tráfico, para evitar cortar algún dos dous carrís existentes.

O proxecto contempla a elevación dos pasos de cebra situados á entrada do instituto Sánchez Cantón e fronte ao Hotel Da Barca.

Para mellorar a visibilidade dos condutores e contribuír á seguridade dos peóns eliminaranse catro prazas de estacionamento.

Na entrada da rúa Alameda instalarase un reductor de velocidade, e elevarase o paso de peóns na confluencia coa rúa Echegaray.

Arquivado en