Aprobadas axudas por 200.000 euros na Deputación para realizar obras en Cuntis

Umia
09 de agosto 2024

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou este venres obras de mellora de calidade urbana e de acceso a un núcleo diseminado neste concello

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra PontevedraViva

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou este venres 9 un montante económico de 200.000 euros destinado a obras no Concello de Cuntis.

Esta cantidade englóbase nos proxectos da liña 1 de investimentos provinciais.

130.000 euros destinaranse a obras de mellora da calidade urbana na Rúa Bernardo Sagasta.

Por outra banda, a Deputación investirá 70.000 euros en obras de acceso ao núcleo diseminado de Belai e Camiño da Toxeira en Piñeiro, dentro do municipio.

Neste segundo caso, a institución provincial financia o 100% destas obras.