Aprendizaxe e diversión a través dos talleres impartidos por Augas de Galicia

Ponte Caldelas
23 de marzo 2023

Coa fin de conmemorar o Día Mundial da Auga e aumentar a sensibilización ambiental, a Xunta de Galicia levou a cabo este 23 de marzo unha serie de talleres didácticos con especial relevancia para os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.

 div>
Taller Ponte Caldelas Xunta de Galicia

Coa fin de conmemorar o Día Mundial da Auga e aumentar a sensibilización ambiental, a Xunta de Galicia levou a cabo este 23 de marzo unha serie de talleres didácticos con especial relevancia para os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.

Entre as actividades programadas, inclúense as presentacións visuais, vídeos e animacións que achegaron o contido teórico esencial ao alumnado, así como unha práctica de descontaminación da auga ou o simulado posterior dos elementos dunha planta real. Será mañá cando os escolares de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Ponte do Porto, en Camariñas, poidan ser partícipes de dous talleres da mesma índole.

Na mesma xornada deste xoves, os profesionais do sector industrial deMeaño asistiron a unha visita guiada pola depuradora do município para coñecer o seu funcionamento.

O obxectivo deste proxecto é fomentar a importancia da auga para a vida e a necesidade de xestionar este recurso dun xeito sostible. A Xunta ten como meta este ano "Acelerar o cambio" e promover o avance na consecución do obxectivo de desenvolvemento sostible 6: "auga e saneamento para todos", como parte da Axenda 2030.