Ás 5:25 horas da madrugada, rexistrouse un aparatoso accidente de tráfico na zona da Granxa, no concello de Sanxenxo.
Segundo informa o Concello, un vehículo que circulaba pola calzada saía da vía e chocaba contra outro estacionado.
O impacto foi de tal magnitude que o vehículo aparcado desprazouse, colisionando á súa vez cun terceiro automóbil tamén estacionado.
Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos da Policía Local e o servizo de Emerxencias de Sanxenxo. Afortunadamente, e malia a espectacularidade do accidente, non se rexistraron feridos.
INCENDIO DUN COCHE EN POIO
Na mesma madrugada, o servizo de Emerxencias de Sanxenxo tamén participou na extinción dun incendio que afectou a un vehículo no lugar da Seca, pertencente ao veciño Concello de Poio.
As autoridades informan que neste incidente só se produciron danos materiais, sen que houbera que lamentar danos persoais.