Antón Costas: "La inflación seguirá bajando y no se prevé recesión para 2023 y 2024"

Pontevedra
01 de marzo 2023

O presidente do Consello Económico e Social (CES) de España, Antón Costas Comesaña participou xantar-coloquio organizado este martes por Foro Empresa Pontevedra no Liceo Casino  

Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social Foro Empresa Pontevedra

O presidente do Consello Económico e Social (CES) de España, Antón Costas Comesaña asegura que "la inflación seguirá bajando y no se prevé recesión para 2023 y 2024". Así o apuntou no xantar-coloquio organizado este martes por Foro Empresa Pontevedra no Liceo Casino.

Antón Costas analizou as perspectivas económicas e financeiras para este ano nun acto que contou cunha nutrida asistencia, incluíndo representantes do Goberno central, parlamentarios autonómicos, concelleiros, representantes de asociacións empresariais, empresas e autónomos.

Na súa intervención o presidente do CES referiuse ao "cambio de ciclo" no que nos atopamos con "una nueva forma de entender el capitalismo".

Destacou que a situación de España, ante o contexto sobrevindo tras unha pandemia e a guerra de Ucraína "es, sin triunfalismos, mejor de lo que pensamos", xa que "en anteriores crisis la recuperación fue lenta y dolorosa". E isto débese, ao seu xuízo, ao tipo de medidas públicas que se adoptaron e que funcionaron moito mellor ás tomadas na pasada crise de 2008.

Con respecto ao Produto Interior Bruto (PIB), un indicador de primeira orde, explicou que en 2023 España non crece como en 2022, pero as predicións sobre unha recesión non se cumpriron cunha estimación inicial de crecemento en torno ao 1,2 que agora se apunta que será maior, ao redor de 1,6 puntos.

Estímase que, entre o último semestre de 2023 e 2024, a taxa de crecemento da economía española situarase entre un 3% e un 4%, por tanto, "no hay perspectivas de recesión, si baja pero en modo alguno poniendo el freno".

Con respecto á inflación, que no verán de 2022 chegou ao pico máximo, Costas sinala que se está desacelerando e que seguirá baixando durante o 2023. Sobre este aspecto os sectores nos que aínda permanecen con cifras elevadas son o agrario e o da alimentación, pero a tendencia é descendente.

En relación ao emprego Antón Costas enumerou como cuestións importantes sobre o bo comportamento do emprego en plena crise a posta en marcha de ERTEs durante a pandemia e algúns aspectos da reforma laboral, polo que esta crise non destruíu tanto emprego como se esperaba e resultou unha "sorpresa" dando un envorco ás previsións nesta materia.

O nivel de consumo en España mantense, e achegou cifras, xa que o investimento en consumo en persoas con contratos temporais está en torno ao 71% e con contratos fixos, que aumentaron grazas ás recentes reformas, nun 82%, o que supón máis de dez puntos de diferenza. Sobre o comportamento á alza dos tipos de interese no sector financeiro non cre que haxa subidas significativas no segundo semestre deste ano.

Destacou o papel das políticas públicas para aliviar a crise nos fogares e familias con rendas máis baixas,"ya que nuestro modelo se encamina hacia una sociedad con mayor justicia social".

Con respecto á descarbonización en marcha, o imprevisto da guerra de Ucraína, fai que inevitablemente a actualidade mande e expón un atraso sobre as previsións, xa que neste momento "no hay más remedio" que retomar algunhas fontes de enerxía ata que esta circunstancia cambie.

Por este bo comportamento, a pesar das dificultades, Antón Costas cre vivimos un cambio de era, de modelo, no que "vamos a enfrentarnos a nuevos retos como es el cambio climático y la desigualdad social"; é dicir, a inclusión social por falta de oportunidades laborais. E a solución apunta cara a bos empregos para máis persoas que lles permitan vivir de maneira digna, e non só nas cidades.

Antón Costas naceu en Vigo en 1947 e é doutor en Economía e enxeñeiro técnico industrial. Catedrático da Universidade de Barcelona, desde 2021 ocupa o cargo de presidente do Consello Económico e Social un importante órgano consultivo do Estado en materia socioeconómica e laboral.