Nuns días cumpriránse 5 anos da inauguración do Edificio Campolongo da Xunta de Galicia, un traslado que deixou baleira a antiga sede na rúa Benito Corbal, 42.
O voceiro de Anova, Claudio Quintillán, cualifica coma "lamentable que na situación que levamos atravesando con numerosas persoas e familias expulsadas das súas vivendas por desfiuzamentos, carentes de ingresos e en risco de exclusión, moitos e moitas pernoctando nas rúas, un edificio como éste ultimo, permaneza pechado, sen alternativa inmediata, e que podería servir como albergue ou centro/residencia provisorio para todas esas persoas".
Trátase dun edificio con 8 andares, os catro primeiros con máis amplitude que o resto, con ascensores, adaptado para discapacitados, salón de actos, "so necesitaría dotar a cada andar de servizos de cociña e ducha, xa que conta en cada ún con sanitarios, para poñélo a disposición de quen acredite estar nalgunha das situación expostas, podendo acoller unhas 20 familias ou un número moito maior no caso de individualidades, e que podería correr coa súa xestión ou ben Servizos Sociáis do Concello, Cruz Vermella, ou calquera organización que se adique a protección social", explica Quintillán.
"O que carece de sentido e resulta todo un agravio, é, non facer uso dun edificio público, para seguir pechado, polo que instamos a toda persoa interesada, a esixir das administracións a súa apertura e disposición como casa de acollida, ou incluso, a súa ocupación", din desde a formación nacionalista, "estamos dispostos a apoiar e colaborar con calquera iniciativa nese senso".