Animado desfile de entroido en Poio

Poio
15 de febreiro 2015
Actualizado: 16 de febreiro

Comparsas, grupos e disfraces protagonizaron un desfile no que tamén houbo tempo para a crítica local

Desfile de entroido en Poio Diego Torrado

Comparsas grupos e disfraces protagonizaron un animado desfile de entroido en Poio.

Os asistentes saíron da Praza da Granxa, en Campelo, cargados de humor e crítica social, con recordos a asuntos de actualidade nacional pero tamén crítica local, como as polémicas multas impostas pola Policía Local por xirar o pescozo máis de 45 graos.

Ante centos de espectadores o desfile avanzou por Castelo, Avenida de San Xoán, Avenida Seara, 4ª Travesía, Camiño da Reiboa e A Seca.

Os premiados na categoría de grupos foron 'A Local está moi mal' e 'Os das Pistas'. A mellor parella foi 'Fantasía Floral' e en categoría individual impúxose 'Ao pasar por Poio'.

En categoría infantil destacaron como grupo 'Os Paparrulos', a mellor parella foi 'Os rosquilleiros' e o mellor disfraz 'A viaxe en globo'.

O entroido de Poio continúa o martes en Combarro co desfile infantil organizado polo Ateneo.

Arquivado en