Ángel Moldes salienta a necesidade de que a futura depuradora se constrúa en Poio

Poio
30 de marzo 2015

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, reuniuse na Confraría de Pescadores de Raxó con representantes dos distintos colectivos profesionais do mar que operan no Concello

Ángel Moldes, voceiro do PP en Poio Mónica Patxot

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, reuniuse na Confraría de Pescadores de Raxó con representantes dos distintos colectivos profesionais do mar que operan no Concello.

A reunión, convocada polos populares e á que asistiron unha veintena de mariscadores, pescadores e acuicultores, comezou cun compromiso que sorprendeu a moitos dos presentes pola súa claridade: "Se os veciños de Poio depositan a súa confianza en nós, o primeiro que faremos será buscar unha ubicación para a depuradora, e esa ubicación debe ser en Poio".

O popular foi aínda máis alá e comprometeuse a que, en caso de ser elixido en maio "a ubicación para a instalación estaría definida antes de rematar o ano 2015 e a súa construcción comezaría inmediatamente".

Moldes aclarou que a remesa de fondos europeos para a construcción da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), é "previsiblemente" unha das "derradeiras oportunidades" de financiación comunitaria para este proxecto. "Non podemos deixar pasar esta oportunidade: esta infraestrutura é crucial para o futuro de Poio, e non podemos quedar de brazos cruzados ante a ruina para a economía local".

"Comprometémonos tamén, en caso de non gañar as eleccións, a respetar a ubicación que elixa o partido que goberne. Pero esiximos un respeto recíproco: nós nos comprometemos a respectar a búsqueda de ubicación do goberno que sexa, e a non entorpecer a construcción onde consideren que sexa máis conveniente, pero pedimos respeto para nós: solicitamos que, se nos corresponde gobernar, non sexa o propio BNG o que organice a primeira plataforma opoñéndose á ubicación, sexa a que sexa", advertiu Moldes.