O servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra denuncia a situación de abandono na que se atopan sometidos os profesionais pola dirección dos centros durante a última década.
Este departamento sinala que o persoal e os medios cos que contan é moi inferior ao de áreas sanitarias comparables como a de Lugo ou a de Ourense. Segundo manifestan a través dun comunicado, o servizo solicitou á xerencia do complexo hospitalario un facultativo de reforzo para as xornadas nocturnas e durante as fins de semana. Realizan esta petición agora que pasou o momento máis complicado da pandemia despois de que o servizo haxa un esforzo notable durante estes meses.
A petición pretende corrixir os problemas de loxística que xurdiron durante os últimos catro anos e que se viron agravados durante os dous últimos meses.
Afirman que o complexo hospitalario conta con dous facultativos de garda no Hospital Provincial e dous en Montecelo de presenza física as 24 horas. A estes facultativos súmase un terceiro en Montecelo durante os días laborables cun horario vespertino, de 15.00 a 22.00 horas.
Desde o servizo de Anestesiología reclaman que ese terceiro anestesista pase a cubrir toda a xornada, xa sexa día laborable, festivo ou fin de semana, restituíndo o persoal de garda, que foi eliminado.
Consideran que, con este cambio, cubriríase calquera situación de cirurxía por Covid-19 que se presente en Montecelo sen desatender a unidade de reanimación ou a de coidados críticos postquirúrgicos, onde se atopan os pacientes graves recentemente intervidos. Tamén entenden que esta medida evitaría a demora de cirurxías urxentes por falta de persoal.
Aseguran que a xerencia, que lidera José Ramón Gómez, coñece esta situación pero mentres reforza outros servizos que tamén atenden pacientes positivos en Covid-19 con gardas de presenza física ou localizada a maiores dos que xa estaban recollidos ao principio da pandemia, no servizo de Anestesioloxía non se contempla.
A petición atópase amparada pola Sociedade Española de Anestesioloxía e Reanimación (Sedar), segundo indican, que recomenda garantir a máxima seguridade na atención aos pacientes.
Indican que no caso de positivos por coronavirus, os anestesistas coidaron e trataron a case a metade dos pacientes Covid-19 que necesitaron ingreso en unidades de críticos, tras verse desbordada a área de UCI.
Estes pacientes precisan dous anestesistas no caso de que percisen cirurxía e esta necesidade provocou que o persoal sanitario haxa realizado un esforzo con quendas de 12 horas de traballo en días alternos, con case o triplo de persoal do que se lles permite dispoñer agora.