Andrea Levy pide combater os "techos de metacrilato" e os "suelos de cemento" que impiden avanzar ás mulleres

Pontevedra
17 de novembro 2018

Baixo o título 'Mulleres do século XXI', o Partido Popular organizou en Pontevedra un debate sobre muller e igualdade no que participaron a catedrática en Microbioloxía Alicia Estévez Toranzo e dous dos referentes femininos do PP, a presidenta do Congreso, Ana Pastor; e a vicesecretaria de Estudos e Programas, Andrea Levy

Debate 'Mulleres e século XXI' organizado polo PP de Pontevedra PontevedraViva

Baixo o título 'Mulleres do século XXI', o Partido Popular organizou en Pontevedra un debate sobre muller e igualdade no que participaron a catedrática en Microbioloxía Alicia Estévez Toranzo e dous dos referentes femininos do PP, a presidenta do Congreso, Ana Pastor; e a vicesecretaria de Estudos e Programas, Andrea Levy.

Antes do debate, que se celebrou en Afundación, Andrea Levy sinalou ante os medios de comunicación que é "importante" visibilizar a loita pola igualdade, de forma que as mulleres "se sientan con fuerza" para demostrar que "a igualdad de condiciones tienen igualdad de oportunidades".

"Todas las barreras que tengamos que seguir removiendo en esos espacios en los que no existe la igualdad, tendrán encima el foco público", sinalou a dirixente do PP.

Levy mostrouse convencida que España está "preparada" para ter unha muller presidenta do Goberno, algo que dependerá da súa "valía, talento y profesionalidad", como demostran as "extraordinarias" alcaldesas que hai en todo o país ou o feito de que unha pontevedresa, Ana Pastor, sexa a terceira autoridade do Estado.

Ese camiño, dixo, "se irá haciendo" aos poucos seguindo o "legado" de moitas mulleres que foron poñendo as bases para que a igualdade sexa "uno de los pilares de nuestra democracia".

A dirixente popular si advertiu que esta loita pola igualdade non debe deterse porque en determinados ámbitos da sociedade "no hay techos de cristal sino de metacrilato" e as mulleres atópanse atrapadas por "suelos de cemento" que "nos impiden avanzar".

As institucións, engadiu, deben achegar solucións para que a igualdade real entre homes e mulleres "sea normal y corrente" e que deixe de ocupar portadas nos medios de comunicación "por ser algo destacado o insólito".

A catedrática Alicia Estévez, pola súa banda, puxo en valor o papel da muller na ciencia e denunciou o "desequilibrio" existente na formación científica e en postos de dirección e xestión.

Estévez considera necesario "fomentar la vocación científica" nas mulleres, ao entender que están "igual de capacitadas" para desempeñar este labor e para iso propuxo incorporar nos libros de texto ás grandes científicas "olvidadas a lo largo de la historia".

"Sólo el 28% del personal científico a nivel mundial son mujeres y en España el porcentaje de mujeres investigadoras está en torno al 39%", explicou a catedrática da Universidade de Santiago, que recoñeceu que no noso país "no estamos mal en comparación con el resto de Europa", a pesar de que esta cifra está "estancada" nos últimos anos.

O coloquio concluíu coa intervención da presidenta do Congreso dos Deputados que reclamou "materializar" o dereito á plena igualdade "llevando las leyes al mundo laboral", xa que advirte que hoxe en día "existe igualdad legal, pero no igualdad real".

Ana Pastor lembrou que "todos tenemos que implicarnos" para reducir as dúas grandes brechas da desigualdade, "la ocupacional y la salarial" e apuntou que para lograr unha "verdadera igualdad" débese garantir que as mulleres teñan as mesmas condicións para optar a calquera emprego.

"La igualdad se consigue desde la educación y la cultura y es una cuestión que compete a toda la sociedad", destacou Pastor.