Andrea Bayer, fundadora de Baobab Teatro, será a pregoeira das Festas da Peregrina

Pontevedra
26 de xuño 2013

Andrea Bayer explicou que cando a chamaron do Concello de Pontevedra ao principio "pensei que era unha broma" e que o máis difícil foi "gardar o segredo durante todo un mes". En todo caso, asegurou que ser a pregonera "me fai moita ilusión porque me sinto de Pontevedra", cidade coa que di manter unha "relación de amor". Recorda que chegou con 18 anos para estudar e traballar en Príncipe Felipe "e namoreime desde o primeiro día"

Carme da Silva e Andrea Bayer, pregoeira das Festas da Peregrina 2013 PontevedraViva

"Cando vía quen era o pregoeiro das festas sempre pensaba: que xente tan importante. Nunca pensei que me foran chamar a min", recoñecía entre risas, Andrea Bayer. A fundadora da compañía Baobab Teatro será a pregoeira das Festas da Peregrina 2013. Actriz, guionista e directora teatral, naceu en Redondela pero séntese "pontevedresa de toda la vida", polo que sinalou que será "un orgullo" ler o pregón das festas.

Andrea Bayer explicou que cando a chamaron do Concello de Pontevedra ao principio "pensei que era unha broma" e que o máis difícil foi "gardar o segredo durante todo un mes". En todo caso, asegurou que ser a pregonera "me fai moita ilusión porque me sinto de Pontevedra", cidade coa que di manter unha "relación de amor". Recorda que chegou con 18 anos para estudar e traballar en Príncipe Felipe "e namoreime desde o primeiro día".

Promete que o seu pregón non terá o formato habitual porque "non me pega estar encorsetada nun balcón". Relacionará o seu pregón con Pontevedra e co seu traballo no teatro. "Empecei a facer un esbozo de ideas, pero estou nun momento difícil de creación", afirmou. Di que tómao como a escritura dun guión para un dos seus espectáculos, como o que Baobab Teatro estreará a principios de agosto.

Para a concelleira de Festas, Carme da Silva, é un "orgullo" que Andrea Bayer aceptase ser a pregoeira. Non só porque sexa unha muller nova, dixo, se non porque "representa a esas industrias culturais que están pasando momentos moi duros e aínda así seguen apostando por manter a súa actividade". Será, sinalou a edil nacionalista, unha forma de recoñecer "toda a viveza cultural galega" nunha cidade, Pontevedra, que acolle a moitas destas compañías.

TRAXECTORIA DE ANDREA BAYER

Andrea Bayer (Redondela, 1974) comezou a súa carreira profesional como mestra de educación primaria. En 1994 entrou en contacto co teatro a través do Aula Universitaria de Pontevedra. Tres anos despois fundou a súa primeira compañía teatral afeccionada, Teatro Akatro. Posteriormente, formou parte do grupo de contacontos Pavís Pavós e participou na creación de Galitoon, compañía de teatro coa que logrou numerosos premios.

En 2011 decide, xunto con ÿscar Ferreira, iniciar unha nova andadura. Nace así Baobab Teatro. Con ela, Andrea Bayer alcanza os seus maiores éxitos e o recoñecemento do sector. Entre os logros conseguidos nestes dous anos destaca a selección do seu espectáculo Babs para participar en FETEN 2013, unha das feiras máis importantes do sector, ou a nominación aos Premios Max 2013 como Mellor autoría teatral galega pola obra Fíos.

Arquivado en