Ana Pontón escolle Pontevedra para arrancar a campaña electoral do 18F

Pontevedra
30 de xaneiro 2024

O primeiro gran acto de campaña do BNG de cara ás eleccións galegas do próximo 18 de febreiro será no Pazo da Cultura de Pontevedra. O mitin, no que participará Ana Pontón, celebrarase este venres 2 de febreiro, a partir das oito da tarde

Comparecencia de Ana Pontón na sede do BNG en Pontevedra Mónica Patxot

O primeiro gran acto de campaña do BNG de cara ás eleccións galegas do próximo 18 de febreiro será no Pazo da Cultura de Pontevedra. O mitin, no que participará Ana Pontón, celebrarase este venres 2 de febreiro, a partir das oito da tarde.

Xunto a Pontón tamén falarán Marta Gómez, candidata número 9 por Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; e Luís Bará, que encabeza a lista por Pontevedra. 

"Estamos a facer a campaña máis intensa que lembramos levados en volandas polos aires de cambio galego que se respiran nas rúas de todo o país", destacou este martes o responsable local do BNG en Pontevedra, Demetrio Gómez.

Sinalou que os centos de persoas que en toda Galicia están achegándose ao BNG para participar na campaña "son quen están a transmitir porta a porta a mensaxe do cambio galego, a ilusión de termos por primeira vez unha presidenta da Xunta".

Todos eles e elas, segundo Gómez, ven posible un goberno encabezado por Ana Pontón "que supere a parálise dun Rueda sen ilusión, ideas nin proxectos".

XUNTANZAS CON COLECTIVOS DE MULLERES

Dentro da actual precampaña, o BNG mantivo este martes unha xuntanza en Pontevedra con mulleres representantes dos colectivos DiverXentes e Loita para coñecer as súas demandas.

"No BNG acreditamos en que as administracións públicas teñen que ser aliadas para que todas as persoas poidan desenvolver con garantías os seus proxectos de vida, dende ben pequenas", destacaron os edís Xaquín Moreda e Alberto Oubiña, e a candidata de Pontevedra, Marta Gómez.

Os nacionalistas comprometéronse a impulsar dúas medidas esenciais para garantir os dereitos das crianzas na educación e na sanidade.

Por unha banda, garantir a igualdade de oportunidades, a equidade e a atención á diversidade en todas as etapas e niveis educativos; e, pola outra, elaborar un programa de atención temperá para mellorar a actual rede galega, en colaboración con entidades representativas do sector.

Arquivado en