Antes de inaugurar a nova Avenida Josefina Arruti, a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mantiveron un encontro no Concello no que fixeron un "repaso exhaustivo" ao estado das infraestruturas e proxectos que ambas as administracións teñen "en carteira" no municipio.
A-57 CIRCUNVALACIÓN DE PONTEVEDRA
A autovía A-57, coñecida como circunvalación de Pontevedra, arrincará no tramo entre Vilaboa e A Ermida e Marcón. "En la primera quincena de octubre se va a iniciar la obra", anunciou Pastor.
É o primeiro paso para que Pontevedra deixe de ser a única capital de provincia de toda España sen unha circunvalación, "es increible pero es cierto", afirmou a ministra.
"A nosa preocupación é que esta obra teña continuidade", comentou Fernández Lores, respecto dos outros dous proxectos que completarán esta vía de alta capacidade que rematará o nó de Curro.
Fomento adxudicou o proxecto pero o alcalde sinalou que "hai que continuar cara a Pilarteiros e sobre todo darlle conexión co polígono de Barro-Meis", xa que esta conexión "é o que lle daría sentido" á A-57 unha vez que comunique os polígonos industriais e o porto de Vilagarcía coa zona de Vigo ou Porriño.
A ministra transmitiu unha mensaxe tranquilizador ao alcalde asegurando que "vamos a continuar con el otro tramo Ermida-Pilarteiros que va por buen camino, tiene dinero en el presupuesto del año que viene también".
Fernández Lores considera que a A-57 no seu conxunto "sacaría moitísimo tráfico do centro da cidade" polo que no goberno local "cremos que esta é unha obra necesaria". O alcalde tamén pediu á ministra "que se execute cos menos danos posibles á contorna" e que "se atenda e de mellore" durante a execución da obra todas as dificultades que poidan aparecer respecto de reposición de abastecementos de auga ou conexións viarias ou peonís, xa advertidos por colectivos como Salvemos A Fracha.
"En el proyecto ya está contemplada la reposición y que los vecinos sepan que tiene la puerta abierta para todos sus planteamientos, es una obra muy costosa y por lo tanto en ese conste muy importante he pedido a los técnicos el respeto a todas las medidas medioambientales, como no puede ser de otra manera, y también escuchando a la gente"
Nestes momento, segundo Ana Pastor, "falta el acta de replanteo y que la empresa constructora inicie los trabajos en la primera quincena de octubre".
PO-541
A titular de Fomento tamén anunciou que o seu ministerio iniciará a licitación de estrada N-541 entre Pontevedra e Ourense entre a capital e Cerdedo. O proxecto xa se someteu a información pública hai un par de meses e rematado este período de exposición da avaliación ambiental a ministra calcula que a final de ano se poida iniciar a licitación. "Con lo cual ya quedaría todo el convenio en ejecución", apostilou.
Aproveitando o desenvolvemento destas obras, o alcalde pediu ao Ministerio a posibilidade de que o Concello poida adxudicar antes o abastecemento de auga e o saneamento que coinciden en máis dun quilómetro desta obra, na zona de Pazos na parroquia de Mourente.
Despois de acometer o Concello este proxecto xa completaría Fomento a obra en superficie coas melloras de seguridade viaria. "Sería moito máis operativo e quedamos en que si", indicou o rexedor.
NÓ DE BOMBEIROS
A ministra e o alcalde tamén analizaron en que punto se atopa o proxecto para reformar o nó de Bombeiros, mellorando a distribución do tráfico rodado neste macroenlace e ampliando a capacidade da ponte das Correntes.
Segundo Pastor, o proxecto do nó de Bombeiros atópase en fase de Declaración de Impacto ambiental. A ministra sinalou que para este ano 2016 hai consignada unha partida orzamentaria para a súa execución en coordinación con Audasa desta obra que supera os cinco millóns de euros.
"Prácticamente está terminado y será la concesionaria quien lo licite", sinalou Ana Pastor.
AVENIDA DE MARÍN
O proxecto de pasarela peonil e ciclista cara a Marín foi outro dos asuntos abordados polo alcalde e a ministra na súa reunión, especialmente no referido ao paso de peóns e ciclistas. Está sometido a estudo por parte do Ministerio de Medio Ambiente, referiu a pontevedresa Ana Pastor, "esperemos que sea una realidad en el 2016", engadiu.
Segundo a ministra está o diñeiro no orzamento de Costas xa que este non é un proxecto que dependa do seu ministerio senón do de Medio Ambiente, ao que dixo estar a chamar "todas las semanas" para preguntar por el.
"He pedido a los técnicos del Ministerio de Fomento para que se recojan todas las peticiones que haga el concello", sinalou a ministra. Neste sentido, ao longo da primeira quincena do próximo mes de outubro, os técnicos de Fomento e os de Costas poñeranse en contacto cos do Concello de Pontevedra "para coordinar esta actuación y facilitar que este proyecto se haga cuanto antes".
En principio espérase que a pasarela peonil e ciclista póidase licitar en 2016, "es un proyecto de tamaño reducido que se va a hacer lo más ágil posible", apuntou Pastor.
VÍAS VERDES
Finalmente, a ministra entregou ao Concello os protocolos para a transferencia de dúas pontes do ferrocarril que unha vez que perderon o seu uso, pasarán a depender do Concello para o seu uso peonil e ciclista. Son os de Lérez e o Verdugo, "son infraestructuras preciosas pero que ya no son útiles para el transporte ferroviario", valorou Pastor. "Serán una zona para el ocio y el esparcimiento de todos los pontevedreses".
Aínda que tamén fora solicitado, a Ponte de Ulló non será transferido porque será utilizado para o tráfico de mercadorías como terceira vía unha vez que poña o ancho europeo nas travesas para adaptalas á medida europea.
Antes de despedirse o alcalde Fernández Lores agradeceu a colaboración da ministra e apuntou que "esperemos que todo isto se traduza en actuacións de obra e de execución no próximo ano ou a finais deste ano".
Pola súa banda, a ministra de Fomento destacou que "se ha avanzado mucho y en no mucho tiempo".