Ana María Ortiz despídese como a terceira subdelegada coa 'espinita' cravada de non resolver o caso de Sonia Iglesias

Pontevedra
14 de xuño 2018

"Personalmente, el caso de Sonia Iglesias me hubiera gustado, como a todos los que estamos aquí, que lo hubiéramos resuelto, por la familia, porque realmente siguen pasándolo muy mal", subliñou a subdelegada na súa despedida ante os medios. O caso reactivouse, pero "de momento no hemos conseguido esclarecerlo" 

Ana María Ortiz toma posesión como subdelegada do Goberno en Pontevedra Mónica Patxot

Ana María Ortiz é xa a terceira subdelegada do Goberno en Pontevedra que deixa o cargo coa mesma 'espinita' cravada: non poder resolver o caso aberto pola desaparición de Sonia Iglesias o 18 de agosto de 2010 en Pontevedra. Asegura que ten sensibilidade cara a todos os desaparecidos, pero recoñece que "quizás porque me ha tocado más cerca, el caso de Sonia es un poco especial" e dóelle non resolvelo.

Cando desapareceu Sonia era subdelegado Delfín Fernández e deixo o cargo asegurando que tivera a confianza en que o traballo da Policía Nacional dese resultados e conseguise resolver o caso. Tras el chegou Antonio Coello e marchou da institución co mesmo desexo pendente de cumprir. Agora tócalle a Ana María Ortiz, que este xoves despediuse dos medios de comunicación ante o seu inminente cesamento no cargo. 

"Personalmente, el caso de Sonia Iglesias me hubiera gustado, como a todos los que estamos aquí, que lo hubiéramos resuelto, por la familia, porque realmente siguen pasándolo muy mal", subliñou a aínda subdelegada, que lembrou que o caso se reactivou, pero "de momento no hemos conseguido esclarecerlo como nos hubiera gustado".

Na súa despedida, Ana María Ortiz fixo balance do ano e medio que estivo á fronte da Subdelegación, un cargo no que foi a primeira muller e no que tivo funcións de coordinación sobre 9.500 traballadores da Administración Xeral do Estado na provincia, delas 170 directamente na Subdelegación e máis de 2.500 das Forzas e Corpos de Seguridade. 

Nese tempo houbo unha actividade na provincia que deixa cifras, cando menos, sorprendentes, como o feito de que se tramitaron autorizacións para 2.457 concentracións e manifestacións e máis de 10.600 sancións. O número de protestas tramitadas é equivalente aos rexistrados nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense xuntas. 

En materia de violencia de xénero, contabilizouse en 2017 un crime cunha falecida e hai actualmente na provincia 957 casos activos, dos que o 51,7% están considerados con risco non apreciado, o 10% de risco medio, o 0,5% de risco algo e ningún de risco extremo. 

Nesta materia, aumentaron as denuncias un 13,9% e as ordes de protección nun 13,6%, situándose en 579. Aumentaron as denuncias por unha maior "sensibilización de la sociedad" con este tipo de casos. 

Neste ano e medio que estivo á fronte da Subdelegación, os tres momentos "máis complicados a nivel persoal". Tan só 20 días despois de chegar ao cargo, en febreiro de 2017, o crime machista de María José  Mateo en Redondela; meses máis tardes, a onda de incendios de outubro e as "24 horas espantosas" nas que o lume arrasou a provincia, con especial incidencia no sur; e recentemente a explosión dun almacén pirotécnico clandestino en Tui. 

Nos tres casos e, en xeral durante todo o tempo que estivo no cargo, a subdelegada recoñece que "me sorprendió gratamente" o traballo e a implicación de todo o persoal das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en Pontevedra.

Arquivado en