Amplíase o servizo de fibra óptica no Concello de Barro

Barro
04 de maio 2023

O Concello de Barro vén de aprobar a licenza solicitada por Telefónica para poñer fibra óptica en Búa

Fibra óptica en Búa Concello de Barro - Arquivo

O Concello de Barro vén de aprobar a licenza solicitada por Telefónica para poñer fibra óptica en Búa.

Búa é un dos lugares xunto con Maquieira, Aldeíña e Couso que aínda non contaba co servizo de cable.

O proxecto, que ten como obxectivo facilitar este servizo ás 1.300 vivendas de Barro, terá un custo aproximado de 52.000 euros.