"Amor universal, diverso e libre", reivindicación de Marín polo Día Internacional do Orgullo LGTBI+

Marín
26 de xuño 2023

Poderán recollerse pulseiras en distintos edificios municipais e colocáronse dous photocalls, un fronte ao Concello e outro na Praza 8 de Marzo

Presentación da programación de Marín polo Día Internacional do Orgullo LGTBI+ Concello de Marín

"O amor ten que ser universal, diverso e libre". Ese é o lema que utiliza este ano o Concello de Marín, a través do Centro de Información á Muller (CIM), para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+, que se conmemora o 28 de xuño.

"É preciso visibilizar e normalizar todas as formas que existen nesta sociedade de amor. É un camiño sólido no que tamén debemos estar as administracións", aseguran fontes municipais. 

Para esta campaña, repartiranse pulseiras e lazos coa bandeira LGTBI+, que se poderán conseguir na Biblioteca, no Museo, na Casa Consistorial e no CIM (Finca de Briz).

Ademais, colocáronse dous photocalls, un na Praza 8M e outro fronte ao Concello, pensados para que toda a veciñanza de Marín que queira sumarse a esta xornada reivindicativa poda inmortalizalo e subilo ás redes sociais, etiquetando ao Concello de Marín.

O obxectivo é que se favorezca e potencie unha cultura de respeto e inclusión cara a cualqueira forma de diversidade.