A Fundación Amigos de Galicia, a través do seu servizo de orientación laboral en Vilagarcía de Arousa, conta cunha demanda de 65 traballadores para a recolección de uvas na comarca.
Ata o momento, cubríronse 31 destes postos. Das persoas que acoden á vendima, aproximadamente o 35% son inmigrantes con permiso de traballo.
Durante esta campaña, as ofertas de emprego máis solicitadas foron para o posto de peón. Ademais disto en moitas ocasións os traballadores tamén realizan outro tipo de traballos que son demandados nas adegas como tarefas de limpeza ou de operarios de adega. Con todo, un dos principais retos a enfrontar foi a falta de medios de transporte para os candidatos interesados, o que dificultou o acceso aos postos de traballo.
Outro "desafío significativo" que se atopa a entidade é o solapamento das vendimas en diversas adegas. En moitos casos os traballadores realizan vendimas en diferentes adegas, o que complica a coordinación e dispoñibilidade de persoal. Ademais, moitas adegas traballan directamente con empresas de traballo temporal, que en ocasións solicitan persoal á entidade, engadindo unha "capa adicional de complexidade" ao proceso de contratación.