Alumnos dun instituto de Crevillente visitan a Área Arqueolóxica de Tourón

Ponte Caldelas
24 de marzo 2015

Un total de 40 alumnos de alumnos do Instituto de Secundaria Macià Abela, de Crevillente (Alicante), visitaron este martes a área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas

Alumnos do Instituto de Secundaria Macià Abela, de Crevillente (Alicante) Concello de Ponte Caldelas

Un total de 40 alumnos de alumnos do Instituto de Secundaria Macià Abela, de Crevillente (Alicante), visitaron este martes a área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acompañados por tres profesores e a técnico municipal de turismo encargada de dirixir a visita guiada.

Os alumnos e profesores, que se encontran de vista polas Rías Baixas e Santiago de Compostela, elixiron tamén achegarse ata Tourón coa intención de admirar de xeito directo unha das maiores e mellor conservadas manifestacións da arte rupestre en Galicia.

Os rapaces realizaron o percorrido a pé facendo acompañados dunha técnica municipal facendo pequenas paradas nas cinco estacións rupestres para poder admirar e comprender a arte e a simboloxía dos nosos antepasados.

TRABALLOS DE LIMPEZA

Por outra parte, operarios da brigada municipal contratados dentro do Plan de Emprego de la Diputación, iniciarán en breve os labores de limpeza e roza da área arqueolóxica co fin de permitir o normal tránsito das visitas a esta área rupestre polos sendeiros habilitados para iso.

Arquivado en