Alumnos do IES Sanxenxo retiran plantas invasoras da duna de Baltar

Sanxenxo
09 de maio 2024

Un total de 35 alumnos de 4º da ESO do IES Sanxenxo participaron este xoves na retirada das plantas invasoras da duna de Baltar

Alumnos do IES Sanxnexo retiran plantas invasoras da duna de Baltar Concello de Sanxenxo

Un total de 35 alumnos de 4º da ESO do IES Sanxenxo participaron este xoves na retirada das plantas invasoras da duna de Baltar.

Trátase dunha actividade organizada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés en colaboración do Concello de Sanxenxo.

O obxectivo da xornada era erradicar da zona catro especies invasoras: a uña de león, arctotheca caléndula, conyza bonariensis e as canas.

"Levamos catro anos realizando esta actividade e xa se notan os resultados. Os rapaces fan un traballo excepcional", asegurou Xaquín Pomares, encargado de dirixir a retirada de plantas.

O alumnado repartiuse en catro grupos e noutros tantos sectores da duna para iniciar a tarefa.

Ademais dos exemplares de especies invasoras tamén se retiraron pequenos piñeiros que de forma dispersa se atopaban polo espazo dunar. En total enchéronse medio centenar de sacos de plantas, encargándose o departamento municipal de Servizos de xestionar os residuos recolleitos.