Alfonso Rueda súmase á concentración mototurística Rías Baixas Sanxenxo

Sanxenxo
08 de setembro 2024

O evento, que tivo lugar en Baltar desde o venres ata este domingo, converteuse nunha cita ineludible para os amantes das dúas rodas, atraendo a miles de visitantes de toda España e do estranxeiro

Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas Sanxenxo 2024 PontevedraViva

Sanxenxo vibrou este fin de semana con miles de motores na súa 36ª Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas.

O evento, que tivo lugar desde o venres ata este domingo, converteuse nunha cita ineludible para os amantes das dúas rodas, atraendo a miles de visitantes de toda España e do estranxeiro.

Baltar foi o centro neurálxico desta edición, acollendo a maior parte das actividades programadas no recinto da piscina e do campo de fútbol, onde se instalou o popular mercadillo moteiro.

O evento ofreceu un programa variado e atractivo:con espectaculares pases de stunt e festas moteiras, que congregaron a milleiros de afeccionados.

Este domingo, como colofón, organizouse unha excursión polo municipio que culminou na Praza do Mar, onde os inscritos degustaron un menú especial.

Ao longo da cita, sorteáronse diversos premios entre os participantes, incluíndo estancias, cascos e cazadoras.

A entrega de trofeos desta edición contou coa presenza de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia e coñecido afeccionado ao mundo das motos.