O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor a lista que presentan pola provincia para as eleccións autonómicas do 12 de xullo, "unha candidatura forte, unida, con gran peso político e, sobre todo, preparada para traballar por Galicia e pola provincia de Pontevedra", dixo.
"Un equipo preparado para xestionar desde o minuto un, sen perder o tempo no innecesario e sen improvisacións", destaca. Nesta liña, di que a candidatura de Pontevedra "está encabezada polo mellor candidato que podíamos ter, e conta con representantes de todas as comarcas da provincia".
Así, ademais de incluír a todos os conselleiros e altos cargos do último mandato, "porque son persoas que fixeron un gran traballo tanto antes como durante a crise sanitaria", a lista tamén pon en valor o municipalismo, e por iso "inclúe concelleiros e persoas que saben ben o que é a política de proximidade".
Rueda entende que "é momento de aportar respostas e de facer propostas", e de poñer en valor toda a xestión da Xunta durante estes meses, "nos que tivo a capacidade de anticiparse, reaccionar e actuar".
"Os cidadáns deberán elixir entre que goberne Feijóo cunha cuarta maioría absoluta, que demostrou que sabe xestionar e que vai traballar desde o primeiro momento en xestionar as consecuencias sociais e económicas da pandemia, ou deixar o futuro de Galicia e dos galegos a unha suma de ata catro partidos", asegura Alfonso Rueda.
Nesta liña, incide en que "somos o partido que máis se parece a Galicia pero tamén o que máis defende a Galicia. Ademais, estes tres meses demostraron a necesidade de ter un proxecto serio e sólido para ofrecer certezas e confianza".
CANDIDATURA
- ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
- CORINA PORRO MARTÍNEZ
- ALFONSO RUEDA VALENZUELA
- JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA
- MARÍA GUADALUPE MURILLO SOLÍS
- ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
- VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA
- JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS
- MARTA MARÍA FERNÁNDEZ-TAPIAS NÚÑEZ
- MARÍA ELENA SUÁREZ SARMIENTO
- JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO
- SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE
- MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ
- TERESA EGERIQUE MOSQUERA
- MARÍA FELISA RODRÍGUEZ CARRERA
- MANUEL SANTOS COSTA
- MOISÉS RODRÍGUEZ PÉREZ
- BELÉN CACHAFEIRO ANTA
- FERNANDO PÉREZ DOMÍNGUEZ
- ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO
- MARÍA DOLORES HERMELO PIÑEIRO
- GUILLERMO JUNCAL PEÑAS
Suplentes:
- ALBERTO ACUÑA CRESPO
- MARÍA ISABEL COUSELO TORRES
- MARÍA VANESA ALONSO GÁNDARA
- CARLOS MANUEL MARTÍNEZ NOGUEIRA
- ISMAEL GIRÁLDEZ LAGE