Alfonso Rueda, convencido de que Galicia "le ha mandado un mensaje a España"

Pontevedra
19 de febreiro 2024

"Teño que dar as grazas pola confianza dos resultados electorais e pola honra de ser presidente", dixo o candidato popular, que subliñou que a partir de agora "voume dedicar a facer a Galicia do futuro", comprometéndose a "estar á altura de Galicia, dos que me votaron e os que non". 

Alfonso Rueda celebra a vitoria nas eleccións galegas EFE / Lavandeira Jr.

O pontevedrés Alfonso Rueda comparecía exultante na sede do Partido Popular despois de que a formación que lidera revalidase a maioría absoluta no Parlamento de Galicia. 

"O Partido Popular gañou as eleccións, sen ningunha dúbida", proclamou Alfonso Rueda que conseguiu 40 escanos, dous menos que en 2020, pero suficientes para que os populares poidan seguir gobernando tras quince anos ininterrompidos. 

Nun discurso cheo de agradecementos, Rueda mostrouse convencido de que "hoy Galicia, de la que todo el mundo estaba pendiente, le ha mandado un mensaje a España".

Segundo dixo, non é outro que "aquí no queremos chantajes, ni hacerlos ni estar sometidos; no queremos privilegios, de ningún tipo, ni para nosotros ni para los demás; ni más que los demás ni menos que nadie. Queremos igualdad, responsabilidad y dignidad".

Rueda compareceu na sede do PP de Galicia acompañado pola súa muller, as súas fillas e a súa nai, entre aplausos e berros de "presidente, presidente!".

O líder do PP comprometeuse a facer o posible para "estar á altura de Galicia. Dos que me votaron e os que non".

Durante a súa intervención agradeceu o esforzo "a todos os que traballaron na campaña" nunha xornada electoral que conseguiu "a maior participación da historia das autonómicas" superando o 67%.

"Teño que dar as grazas pola confianza dos resultados electorais e pola honra de ser presidente", engadiu o candidato popular, que subliñou que a partir de agora "voume dedicar a facer a Galicia do futuro"

"E por se había algunha dúbida, por se algún non o tivese claro: sentimos orgullosos de ser galegos e de ser españois, sen tensións, sen disputas e sen problemas, diciámolo e non o entendían", proseguiu o presidente electo.

Rueda concluiu a súa intervención asegurando que "hoxe Galicia votou polo sentidiño. Creo que é a decisión correcta para Galicia e para España".

Arquivado en