Alfageme alonga a súa agonía ata o próximo luns

O Salnés
02 de novembro 2012

O director do IGAPE anuncia ás traballadoras, concentradas en Santiago ante a sede do organismo, que o luns reuniranse para tomar unha decisión sobre as ofertas presentadas para adquirir a conserveira

Coma se dunha novela por entregas se tratase, o futuro de Alfageme converteuse nun auténtico culebrón digno de calquera sobremesa televisiva.

Os administradores concursais, cansos de esperar a decisión da Xunta de Galicia sobre as tres ofertas presentadas de diferentes grupos empresariais para adquirir a conservera, deran como límite a unha da tarde do venres para non solicitar a poxa das instalacións de Ribadumia e Vilaxoán, o que supoñería a liquidación da empresa.

Ante este panorama, as traballadoras acudiron á sede do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) coa intención de esgotar as posibilidades de presión. Unha vez alí, o director do organismo lles comunicou que o próximo luns se reunirán para tomar unha decisión final sobre estas ofertas, un anuncio que non calmou os ánimos das empregadas, como relata Rosa Abuín, do sindicato CIG, "é unha tomadura de pelo para que non sigamos protestando. Estamos seguros que a Xunta quere subastar Alfageme".

Así pois, parece que os administradores esperarán uns días máis, ata o próximo luns, antes de facer efectiva no Xulgado do Mercantil 3 de Vigo a liquidación da conservera.

As traballadoras analizarán mañá os últimos acontecementos nunha asemblea que se celebrará na planta de Ribadumia ás 12:00 horas.

Arquivado en