A Comunidade de Montes de Mourente presentou un escrito ao Concello de Pontevedra pedindo que xestione a intervención da Estación Fitopatolóxica do Areeiro para intentar salvar o Carballo de Santa Margarida.
Segundo alertaron, este particular e querido árbore sofre o ataque dun fungo que pode producir a súa morte "en poucos meses".
Os comuneiros detectaron a incidencia do fungo a pasada primavera, coincidindo co brote das novas follas ao aparecer con partes secas, sen brillo e con manchas.
A análise dun biólogo ditaminou a presenza xeneralizada de oídio, agravada pola infección do fungo Taphrina Caerulescens provocada pola persistencia de humidade ambiental. O ataque destes fungos agrava o xa deficiente estado sanitario desta árbore centenaria.
Como remedio da situación, consideran imprescindible a aplicación de tratamento sanitario no outono e a próxima primavera.