Alentan aos escolares ciberexpertos a formar ás súas familias sobre os perigos da internet

Pontevedra
13 de maio 2024

Unha decena de alumnos de quinto e sexto do Colexio de Primaria e ESO Juan Sebastián Elcano, de Pontevedra, recibiron este luns os carnés de “ciberexperto"

Alumnado do colexio Juan Sebastián Elcano recibiron os carnés de 'ciberexperto' Subdelegación do Goberno

Unha decena de alumnos de quinto e sexto do Colexio de Primaria e ESO Juan Sebastián Elcano, de Pontevedra, recibiron este luns os carnés de “ciberexperto”.

O alumnado deste colexio do Ministerio de Defensa superou as accións formativas sobre ciberseguridade enmarcadas no Plan Director para a Seguridade e a Convivencia nos Centros Educativos.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, acompañado polo director do centro educativo, o capitán de navío Ignacio Santamaría, felicitou ao alumnado pola superación deste curso, recalcando a importancia de coñecer non só as vantaxes, senón tamén os riscos que implican o uso das tecnoloxías. 

Durante o acto, no que participou tamén o inspector-xefe Luis Velayos e o equipo do Plan Director da Comisaría de Pontevedra, ademais do persoal docente, Losada animou aos nenos a transmitir os coñecementos adquiridos sobre os perigos da ciberdelincuencia ao resto de alumnado do colexio, así como ao seu entorno familiar, especialmente aos seus pais e nais e avós e avoas.