O programa de Aldeas Modelo investiu 186.000 euros en Parada e Mouteira ao longo de tres anos

Cerdedo-Cotobade
20 de novembro 2024

A intervención consistiu na mellora de camiños e a posta en valor de elementos patrimoniais no entorno da igrexa. Investíronse 90.000 euros

Jorge Cubela e Lourdes Ovelleiro
Jorge Cubela e Lourdes Ovelleiro Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde, Lourdes Ovelleiro, achegáronse ata os lugares de Parada e Mouteira para comprobar os avances realizados pola empresa EC Casas.

A intervención consiste na mellora de camiños e a posta en valor de elementos patrimoniais no entorno da igrexa. Investíronse 90.000 euros.

Jorge Cubela valorou moi positivamente o feito de ter incorporado estes lugares ao programa de Aldeas Modelo, a través da lei de recuperación de terras abandonadas, que permitiu que se investiran nos últimos tres anos uns 186.000 euros.

Cubela salientou a importancia deste tipo de iniciativas e reivindicou as aldeas modelo como un elemento de recuperación eficaz dos espazos rurais que precisan dunha atención especial para favorecer o enraizamento poboacional.

Segundo o alcalde, a veciñanza agradece que se lle aplique a estes lugares un novo concepto de humanización e habitabilidade mellorando en aspecto, imaxe e infraestruturas.