Aje Pontevedra entrega ao Comedor de San Francisco a recadación do seu calendario solidario

Pontevedra
19 de xaneiro 2018

O presidente e o secretario da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Pablo Fernández e Jesús Rey, entregaron este venres un cheque por valor de 750 euros ao responsable do Comedor de San Francisco, Frei José Pérez

AJE Pontevedra entrega ao Comedor de San Francisco a recadación do seu calendario solidario PontevedraViva

O presidente e o secretario da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Pablo Fernández e Jesús Rey, entregaron este venres un cheque por valor de 750 euros ao responsable do Comedor de San Francisco, Frei José Pérez.

Trátase do diñeiro recadado coa venda dunha primeira edición de 150 unidades do Calendario Solidario 2018 por parte de AJE Pontevedra.

Nesta edición do calendario participaron 12 empresas (unha por mes) asociadas a AJE Pontevedra nas que se integrou na súa actividade diaria a unha autoridade e aínda directivo da asociación buscando a complicidade que dá o traballar conxuntamente. Así se pode ver, entre outros, ao alcalde de Pontevedra como perruqueiro, ao vicepresidente da Xunta como director de márketing, á presidenta da Deputación de Pontevedra como coidadora de nenos ou ao alcalde de Poio como xastre.

Pablo Fernández indicou que ante a boa acollida do Calendario Solidario, AJE Pontevedra baralla a produción dunha segunda edición.

Frei José Pérez agradeceu este donativo e sinalou que o Comedor de San Francisco segue atendendo entre 120 e 140 persoas diariamente.