O delegado territorial da Xunta de Galicia, Agustín Reguera, visitou este luns o Concello de Ribadumia para coñecer de primeira man os traballos realizados en diferentes infraestruturas municipais.
Segundo explicou, o obxectivo da actuación foi mellorar a eficiencia enerxética, optimizar os servizos e garantir un maior confort.
Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado por representantes do goberno municipal e das empresas que realizaron os traballos.
Agustín Reguera supervisou algunhas das melloras realizadas, como a ampliación das instalacións eléctricas, a súa adaptación ás novas máquinas de climatización para mellorar a eficiencia enerxética e a ordenación da parte traseira do edificio para optimizar a xestión das instalacións térmicas.
No Edificio de Servizos Sociais, instalouse ademais un novo sistema de climatización con unidades interiores individuais, mellorando o confort e a eficiencia térmica dos espazos.
Tras percorrer as instalacións, o delegado territorial destacou a importancia destas actuacións que supoñen unha mellora inmediata na calidade dos servizos municipais.
Reguera engadiu que esta actuación tamén responde a un compromiso coa eficiencia enerxética e coa optimización dos recursos públicos.
Dende o Concello de Ribadumia se reafirma con estas accións a nosa aposta por unhas infraestruturas modernas e sostibles, garantindo que os espazos municipais se adapten ás necesidades da veciñanza e cumpran cos estándares de eficiencia e confort.
