Agustín Fernández anuncia en Facebook a súa denuncia contra a "sinvergüenzada" de Pasarón

Pontevedra
04 de maio 2014

A denuncia de Agustín Fernández é a título particular e non como concelleiro de Educación e Deportes do Concello de Pontevedra nin tampouco como secretario xeral local do PSOE

Comunicación de Agustín Fernández en Facebook PontevedraViva

Cun anuncio na súa conta de Facebook, Agustín Fernández fixo público que este venres 2 de maio presentou unha denuncia en Fiscalía "pola sinverguenzada de Pasarón".

A denuncia de Agustín Fernández é a título particular e non como concelleiro de Educación e Deportes do Concello de Pontevedra nin tampouco como secretario xeral local do PSOE.

Tino Fernández adiantara a principios de abril a súa intención de levar o caso á Fiscalía polo sobrecoste inxustificado das obras de construción do estadio de Pasarón.