Aguete renderá culto á xarda este venres

Marín
16 de agosto 2022

A Asociación de Pescadores Chirleu organiza o día 19 de agosto a partir das 20.30 horas no peirao de Aguete a edición número vinte desta cita gastronómica

Presentación da viséxima Festa da Xarda no Concello de Marín Concello de Marín

O Concello de Marín presentou este martes a Festa da Xarda que organiza a Asociación de Pescadores Chirleu de Aguete. A cita terá lugar o día 19 de agosto a partir das 20.30 horas no Peirao de Aguete.

Haberá de degustación de xardas asadas, pan, veu e refrescos para todos os asistentes. Ademais, a velada contará coa animación musical dun grupo de gaitas.

Na presentación da vixésimo primeira edición desta festa gastronómica participaron representantes da asociación de pescadores acompañados polos concelleiros Marían Sanmartin e Pablo Novas.