Agricultura recoñece o Centro de Investigacións de Lourizán como referente nacional para o castiñeiro

Pontevedra
17 de xaneiro 2018

O presidente da Xunta de Galicia sinalou que esta decisión permitirá unha especialización do sector ao poder analizar as diferentes variedades comerciais existentes en Galicia e tamén no resto de España

Alberto Núñez Feijóo coa ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina Xunta de Galicia

O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán será centro de referencia para o castiñeiro a nivel nacional. Así se anunciou tras o encontro que mantiveron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con Isabel García Tejerina, ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Con esta proposta, quérese revalorizar o sector relacionado coa castaña. Galicia é na actualidade a comunidade produtora de máis da metade da castaña de España.

As investigacións que se desenvolvan no Centro de Investigación de Lourizán permitirá que se coñezan as diversas variedades comerciais que existen tanto en Galicia como no resto de Europa e, desta forma, o sector poderá especializarse sobre este produto.

O encontro en Madrid tamén  sirivió para que Núñez Feijóo agradecese á ministra o compromiso adoptado polo Goberno central na reforestación e restauración de canles de ríos tras a vaga de incendios no mes de outubro en Galicia. Cun investimento de 7 millóns de euros está a repoboarse o monte e estanse creando novas plantacións, ademais de acometer traballos  silvícolas de tratamento.

O presidente da Xunta tamén quixo tratar o tema da necesidade de axilizar a tramitación que permita identificar a orixe do leite e dos produtos lácteos no mercado a través dun real decreto que, segundo García Tejerina, será aprobado no primeiro trimestre deste ano.