'Agressión Off' no IES de Poio, unha lección de igualdade e convivencia sen violencia

Pontevedra
31 de marzo 2025
Actualizado: 14:09

A campaña achega ferramentas ao alumnado para identificar situacións de agresión, rachar cos prexuízos sobre roles de xénero e construír relacións afectivas máis sanas e igualitarias

Alumnos do IES de Poio participan no stand 'Agresións off'
Alumnos do IES de Poio participan no stand 'Agresións off' Concello de Poio

Na mañá deste luns 31 de marzo, o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Poio instalou o stand "Agressión Off". Esta iniciativa, promovida polo Concello en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, enmárcase dentro da programación elaborada para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Ao longo da xornada, o alumnado participa en diversos obradoiros que fomentan a reflexión sobre as primeiras relacións. Ademais, identifican diferentes tipoloxías de violencia sexual e propoñen ferramentas para previr agresións.

Entre os temas abordados destacan a desconstrución de estereotipos de xénero e a análise crítica de mitos sobre o amor. Tamén se visibilizan as distintas formas do machismo presentes no día a día.

Promóvense modelos de relacións afectivo-sexuais baseados no respecto e a tolerancia. Así mesmo, incídese na erradicación de prexuízos vinculados aos roles de xénero e ao uso das novas tecnoloxías.

Actividade no IES de Poio sobre violencias de xénero
Actividade no IES de Poio sobre violencias de xéneroConcello de Poio

A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, subliña a necesidade de involucrar a mocidade en campañas desta índole durante todo o ano. Segundo apunta, educar en igualdade, respecto e tolerancia resulta esencial para consolidar estes valores na sociedade.