'Agresión Off'', un aviso a navegantes sobre os delitos sexuais a través de Internet

Pontevedra
17 de novembro 2021

A Casa das Campás de Pontevedra serviu este mércores como escenario para realizar un aviso a navegantes ao estudantado do campus sobre a violencia sexual e o aumento dos delitos sexuais exercidos a través de Internet. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou  o evento 

Xornada 'Agresión off' na Casa das Campás Mónica Patxot

A Casa das Campás de Pontevedra serviu este mércores como escenario para realizar un aviso a navegantes ao estudantado do campus sobre a violencia sexual e o aumento dos delitos sexuais exercidos a través de Internet.

Foi a través da xornada Agresión Off, coa que a Xunta de Galicia está a sensibilizar a estudantes dos sete campus galegos contra a violencia sexual.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou o evento e fixo referencia ao papel pioneiro de Galicia que incluirá na súa lexislación a violencia dixital como violencia de xénero, tras acadar o consenso parlamentario.

López Abella lembrou que os delitos sexuais exercidos a través das tecnoloxías están aumentando na comunidade, polo que é un fito que Galicia teña actuado e leve dianteira ao resto das comunidades autónomas para facer fronte a situacións de ciberbullying, sextorsión, usurpación de identidade, sexting ou pornovenganzas, entre outros comportamentos con especial incidencia entre a mocidade.

Os relatorios que se impartiron ante o estudantado pontevedrés centráronse na percepción que os adolescentes teñen nas redes sociais sobre a violencia de xénero e na utilización destas en condicións de seguridade.

 A información para participar nas sesións está a dispor das persoas interesadas na web www.xornadasagresionoff.gal