Agosto déixanos con malos datos para o emprego

Pontevedra
03 de setembro 2019
Actualizado: 13:10

  Na provincia de Pontevedra en número de persoas rexistradas como demandantes de emprego é de 60.249, isto supón que no pasado mes de agosto incrementouse esta cifra en 1.186 persoas máis  (un 2,01%). Con respecto ao pasado ano hai uns 3.752 desempregados menos

Traballadores nun tellado Mónica Patxot

Xaneiro e Agosto sempre traen malos datos para o emprego e o mes pasado cumpriu con esta regra xeral.

Un total de 59 pontevedreses inscribíronse nas listas do paro durante o último mes, segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria. Así, o número de desempregados na cidade sitúase en 5.136 persoas. 

O aumento do paro, claramente vinculado coa tempada estival, é xeneralizado en todo o ámbito de influencia de Pontevedra aínda que moito máis acusado en vilas de maior presión turística como O Grove o Sanxenxo. 

    Agosto   Xullo   Variación
Pontevedra5.1365.07759
Barro1961915
Bueu617618-1
Caldas de Reis581595-14
Cambados80876147
Campo Lameiro1191172
Cerdedo-Cotobade3003127
Cuntis267272-5
O Grove435458-23
A Illa de Arousa211215-4
A Lama1401382
Marín1.4621.42240
Meaño2212183
Meis2482435
Moraña25823919
Poio8638558
Ponte Caldelas4124120
Portas1581580
Ribadumia232246-14
Sanxenxo62659135
Vilaboa3273189
Vilagarcía de Arousa2.9012.876 25
Vilanova de Arousa   5915892

 

DATOS PROVINCIALES

Por su parte, un total de 2.713 pontevedreses han abandonado las listas del paro durante del último mes, informa el Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Así, el número de desempleados en la provincia asciende actualmente a 60.835, un 4,27% menos que en mayo. El descenso es más acusado si se compara con los datos de hace un año. Entonces estaban registrados como demandantes de empleo cinco mil pontevedreses más.

PROVINCIA

Na provincia de Pontevedra en número de persoas rexistradas como demandantes de emprego é de 60.249, isto supón que no pasado mes de agosto incrementouse esta cifra en 1.186 persoas máis (un 2,01%). Con respecto ao pasado ano hai uns 3.752 desempregados menos (-5,86%).

GALICIA

En Galicia, as oficinas de Emprego rexistraron en agosto 153.820 parados, o que supón 2.899 máis que en xullo (un 1,92 %).

Se comparamos estes datos cos de agosto do 2018, a comunidade rexistrou 10.604 desempregados menos que o ano pasado, un 6,45 % menos. En termos desestacionalizados, o paro subiu no oitavo mes do ano en 4.435 persoas.

ESPAÑA

A nivel estatal o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego incrementouse en agosto en 54.371 persoas con respecto ao mes anterior. Así, a cifra total de parados rexistrados situouse en 3.065.804, a cifra máis baixa nun mes de agosto nos últimos 10 anos.

Segundo os datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social publicados este martes, con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o paro reduciuse en 116.264 persoas, sendo o ritmo de descenso do 3,65%. En termos desestacionalizados, o paro subiu en 4.435 persoas.

 

Arquivado en