Afectados de Marcón presentan alegacións contra o proxecto da circunvalación de Pontevedra

Pontevedra
23 de abril 2014

Ao igual que fixera días atrás o colectivo Vaipolorío, este mércores un grupo de veciños do lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón presentou na Unidade de Estradas do Estado as súas alegacións á Avaliación Ambiental da nova autovía A-57, que unirá Pontevedra con Vigo, no tramo entre Vilaboa e A Hermida, a coñecida como circunvalación de Pontevedra

Presentación de alegacións contra o proxecto de autovía A-57 de Pontevedra PontevedraViva

Ao igual que fixese días atrás o colectivo Vaipolorío, este mércores un grupo de veciños do lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón presentou na Unidade de Estradas do Estado as súas alegacións á Avaliación Ambiental da nova autovía A-57, que unirá Pontevedra con Vigo, no tramo entre Vilaboa e A Hermida, a coñecida como circunvalación de Pontevedra.

Este grupo de afectados sinala o "enorme impacto ambiental" que ao seu xuízo xera esta estrada nas poboacións que atravesa, así como nos "recursos ambientais e no patrimonio de toda a cidade".

Dende o punto de vista técnico piden ao Ministerio de Fomento que teña en conta as infraestruturas que xa existen "liberando o tramo de peaxe entre Pontevedra e Vilaboa gran parte do problema quedaría solucionado cun menor custo para os cidadáns" e mesmo a inminente construción da rolda urbana "que ten practicamente o mesmo percorrido que a futura A-57 só que un pouco máis próxima ao centro".

Entre outros argumentos para apoias a súa tese estes veciños apuntan a innecesariedade desta autovía no actual contexto de crise, a redución do tráfico de vehículos ou os rescates de viais de peaxe por parte do Ministerio.

"Os habitantes das zonas da Ermida, Pintos, Tomeza e Vilaboa veranse seriamente prexudicados pola deterioración irreparable do ámbito e polo impacto severo de especial gravidade no patrimonio artístico e etnográfico nos seus dous extremos: ao sur, en Vilaboa, sobre o Camiño de Santiago e a Vía Romana XIX e ao norte no lugar de Pintos sobre o Camiño Real de Ribadavia (Ruta dos Arrieros) ", sinalaron.

Outro motivo de gran preocupación é o problema de abastecemento da auga, a degradación dos acuíferos e das minas das cales dependen en boa medida a maior parte dos veciños e que serán suprimidas co trazado.

Igualmente o colectivo ecoloxías Vaipolorío destaca a afección que o novo vial terá sobre a flora e a fauna, incidindo negativamente nos mananciais das zonas afectadas, que deixarán de ir á canle do río Gafos e pasarán a ser subterráneas.

Arquivado en