Admiten a trámite a proposta de Ciudadanos para nomear a Rivas Fontán fillo predilecto de Pontevedra

Pontevedra
03 de marzo 2023

Así o confirmou o coordinador do partido en Pontevedra, David Díaz, que destaca que esta solicitude foi aceptada despois de que a Valedora do Pobo tramitase unha queixa presentada por Ciudadanos ante o silencio municipal á súa proposta

Presentación das memorias de José Rivas Fontán no Teatro Principal Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra admitiu a trámite a proposta de Ciudadanos para conceder o título de fillo predilecto de Pontevedra a un dos seus ex alcaldes, José Rivas Fontán.

Así o confirmou o coordinador do partido en Pontevedra, David Díaz, que destaca que esta solicitude foi aceptada despois de que a Valedora do Pobo tramitase unha queixa presentada por Ciudadanos ante o silencio municipal á súa proposta.

Díaz confía que "non existan máis impedimentos" para abordar esta cuestión e que este proceso culmine no seu "verdadeiro propósito", recoñecer a Rivas Fontán "pola súa traxectoria, legado e achega á nosa democracia, en especial o seu labor en favor de nosa Boa Vila".

"Este recoñecemento é de xustiza histórica e, persoalmente, será unha satisfacción que se lle homenaxee, pola admiración que lle profeso", sinalou o líder de Ciudadanos.

David Díaz asegura que se este nomeamento non se aproba antes das próximas eleccións municipais "farémolo cando entremos no goberno local".