A bandeira española xa non ondea en Afganistán. O pasado 13 de maio, as tropas españolas deixaron o país asiático, ao que chegaran en xaneiro de 2002 e no que durante máis de 19 anos formaron parte da Forza Internacional de Asistencia á Seguridade ( ISAF) da ONU e da misión Resolute Support (Apoio Decidido) da OTAN. Atrás quedan case dúas décadas nas que se despregaron na zona 27.000 efectivos españois, houbo que lamentar 100 baixas e nas que, poñendo a mirada en clave local, a Brigada Galicia VII, Brilat, apontoouse como unha das brigadas con maior recoñecemento e prestixio das Forzas Armadas Españolas.
A Brilat tivo presenza activa en Afganistán 10 deses 19 anos, desde que en 2005 o primeiro continxente de soldados desprazouse a Herat para dar seguridade ás eleccións no país ata que en 2015 fixo a transición entre Isaf e Resolute Support. Nese tempo, dez continxentes e 3.135 efectivos da Brigada participaron na misión.
Un deses militares foi o tenente coronel Francisco Martín, actualmente xefe do Batallón do Cuartel Xeral da Brigada, que formou parte de tres continxentes e pasou en chan afgán un total de 19 meses que o marcaron tanto que "unha parte do meu corazón quedou alí". "Tiven a sorte de empezar e terminar a misión", relata a PontevedraViva, en alusión a que formou parte do primeiro continxente da Brigada que se despregou en 2005 e do último que se despregou desde Figueirido a zona de operacións entre 2014 e 2015. No medio, en 2011, tamén formou parte da misión denominada OMLT ( Operation Mentor and Liaison Team).
Botando a vista atrás, aquela primeira misión de 2005 foi unha das máis tráxicas das que desempeñou España, pois nela produciuse o tráxico accidente dun helicóptero en Herat no que morreron 17 soldados, 12 deles da Brigada. Durante os seus despregamentos no país, a Brigada tivo 15 baixas, pois hai que sumar a da soldado Idoia Rodríguez, primeira militar española falecida nunha zona de conflito, e o cabo primeiro Rubén Alonso Ríos e o brigada Juan Andrés Suárez García, vítimas dun atentado suicida.
O tenente coronel Martín estaba alí, no segundo helicóptero accidentado en Herat, que esquivou a morte. "Los que murieron eran mi teniente, mi sargento y mis 10 soldados", lembra, e tamén que foi "traumático para toda la unidad", un duro golpe cando levaban apenas 18 días no país, pero do que tiveron que sobrepoñerse e "actuar con profesionalidad porque que las elecciones fueran en liberdad dependía de nosotros".
"La abnegación y la ejemplarizad" que caracterizan aos soldados da Brigada e a conciencia de que "el motivo por el que ellos han trabajando, han peleado, han combatido y han fallecido es en favor de la misión" fíxolles seguir cumprindo a súa deber. Segundo lembra o tenente coronel, todos os compañeiros dicían "yo quiero seguir, vamos a cumplir la misión, que es para lo que hemos venido y por supuesto en memoria de ellos". Había que continuar porque chegaran a Afganistán "para mejorar la situación del país".
As baixas, desde logo, deixan pegada e, tras empezar con tan mal pé, resulta "inevitable que la gente piense que no tiene asegurada la vuelta". "Es fácil de decir pero luego no es fácil de asumir", reflexiona, e engade que supón un plus de presión para os soldados e as súas familias que hai que "asumir desde el principio". Custou asimilalo porque Afganistán chegou despois de misións como Kósovo ou Bosnia, máis centradas en seguridade e menos de combate, pero ao final todos o interiorizaron: "era duro, pero era nuestro trabajo".
Aínda que as baixas de compañeiros foron, en todo o período de misión afgá, o momento máis duro, tamén lembran os complicados instantes de perder a compañeiros do exército afgán, "a los que estás instruyendo, asesorando, mentorizando, ayudando, y morían a causa de los ataques talibanes".
Esas baixas producíronse cara ao ecuador da presenza da Brigada en Afganistán, cando comezaron o seu labor como equipos operativos de asesoramento e ligazón ( OMLT), que se encargaban de instruír, mentorizar e asesorar ao exército e a policía afgáns. O tenente coronel Martín mandou un destes equipos e durante seis meses de 2011 conviviu cun batallón Kandak do Exército do país, creándose unha relación estreita na que mesmo, tras o nacemento do seu fillo, recibiu as felicitacións dos militares locais e tivo que convidalos a unha festa na que se comeron dous cordeiros, seguindo a tradición local.
Foi tan só un dos labores da Brigada sobre o terreo. Á súa chegada en 2005 garantiron a celebración das eleccións, ao ano seguinte convertéronse en Equipos Provinciais de Reconstrución ( PRT) e fixeron proxectos de impacto na poboación e na súa última misión, entre 2014 e 2015, pecharon a ISAF e foron a brigada encargada de inaugurar Resolute Support, un apoio resolutivo para aos poucos ir deixando que o goberno afgán fixésese co control do país. Xa por aquel entón sabían que esta transición sería lenta e finalmente demorouse seis anos máis.
Agora, co coñecemento que lle dá estar en terreo tres veces, Francisco Martín valora que o estado afgán segue construíndose "poco a poco", pero "la mejora fue notable", diminuíu a mortalidade infantil, mellorou a liberdade de movementos e deuse un paso decisivo cara á igualdade das mulleres a través da educación e a escolarización.
O tenente coronel Martín lembra que en 2005 "alas niñas no podían ir al colegio, estaba prohibido, teníamos que escoltarlas para que pudieran ir e incluso construir escuelas solo para niñas". Forma parte da vertente humanitaria da misión, a que el considera máis importante porque, tanto de forma directa polas Forzas Armadas como de forma conxunta coa Axencia Española de Cooperación, e lograron desenvolver proxectos tamén no campo económico, promovendo, por exemplo, "que las mujeres pudieran hacerse cargo de animales, talleres o trabajos de telas para que fueran autónomas y no tuviesen que depender de ningún hombre".
O cambio tamén foi notable en canto á liberdade de movemento. En 2005 todos os roteiros tiñan unha peaxe talibá e en 2015 xa había practicamente libre circulación. Respecto diso, o tenente coronel destaca como un dos grandes fitos da Brigada no país que en 2011 foi capaz de liberar o roteiro Opal de Qala-i- Naw A Darra-i- Bun, para que houbese liberdade de movementos". Lembra aos zapadores abrindo camiño, construíndo observatorios á beira do roteiro, permitindo que os civís se puidesen mover sen ser atacados constantemente e todo no medio de seis meses de ataques.
Foron dez anos de labores variados nos que sempre tiveron unha presenza testemuñal na capital, Cabul, pero centraron o seu traballo nas provincias de Herat e Badghis. Nesta última estiveron, ademais, en catro localizacións, Qala-i- Naw, Moqur, Sang Atesh e Darra-i- Bun e abarcaron a zona noroeste do país, logrando que a que era tamén a parte máis pobre de Afganistán fose máis segura.
A pegada da Brigada en Afganistán é, por tanto, palpable, pero tampouco resulta desdeñable o impacto da estancia no país para os militares da Brilat, unha "huella de sangre" de 15 baixas que "nos marcarán para toda la vida porque son soldados que fueron allí a cumplir su misión y no volvieron a su casa" e tamén "un revulsivo" que os mellorou como militares.
"Bosnia y Kosovo eran misiones más de estabilidad y seguridad, la de Afganistán fue la que realmente nos mejoró como brigada, gracias a nuestra preparación, que fue la que verdaderamente demostró que lo que te preparas aquí, vale para la realidad". Ademais, o tenente coronel lembra que a misión lle reportou á Brigada gran cantidade de condecoracións nacionais, internacionais e, sobre todo, afgás.
En definitiva, o prestixio que a brigada "ha ganado allí" foi "gracias a la implicación que ha tenido en la mejora de Afganistán" e que "ha demostrado al resto de unidades del Ejército y del resto de países que las cosas los españoles las sabemos hacer bien, que la brigada en particular trabaja muy bien".
A título particular, para o tenente coronel Martín foi "una escuela de valores" na que "he aprendido todo" e que o fixo "mejor militar y mejor persona". Agora que se terminou, e aínda que a Brigada está un pouco desligada de Afganistán e centrada en previsibles novas misións a finais de ano en Mali e Iraq, miran cara ao país con alegría, contentos de que a súa estancia alí fose frutífera e que "al final pudieran ser autónomos como país".