Acusación e defensa do crime de Ponte Caldelas piden que se investigue á muller do asasinado

Ponte Caldelas
29 de setembro 2017

Os avogados do homicida confeso e da acusación particular, Diego Reboredo e Andrés Malvar, solicitaron este xoves á maxistrada do xulgado de instrución número 1 de Pontevedra que investigue a implicación no crime de Ponte Caldelas de Sandra M. A. a esposa da vítima, Manuel Ángel Rivas, morto a puñaladas na súa casa

Paso a disposición xudicial do autor confeso do crime de Ponte Caldelas Cristina Saiz

O crime de Ponte Caldelas no que en novembro de 2015 Marcos Vidal matou a puñadas -segundo confesou- ao marido da súa ex moza, Manuel Ángel Rivas, volveu este xoves aos xulgados da Parda. Neste caso, os avogados do homicida confeso e da acusación particular, Diego Reboredo e Andrés Malvar, solicitaron á maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra que investigue a implicación no crime de Sandra M. A. a esposa da vítima.

O acusado, Marcos Vidal, asegura agora que foi ela quen lle pediu que acudise ao seu domicilio coa intención de falar co seu marido "y asustarle".  Díxolle que tiña intención de divorciarse. Ambos mantiveran unha relación sentimental que terminou con denuncia de acoso por parte de Marcos.

O homicida e a súa vítima, traballaban en negocios moi próximos en Arcade, Marcos tiña unha barbería e o falecido rexentaba unha tenda de embutidos e xamóns ibéricos.

Andrés Malvar, o avogado da acusación particular que exercen os pais da vítima, alega que Sandra foi a inductora do crime e apunta que ela básicamente es quien concertó la cita.

Engade o letrado da defensa, Diego Reboredo, que ela alertou do homicidio cunha chamada ao 112 antes de que pudiera saber absolutamente nada y eso es, a su juicio, chocante.

O programa de La Sexta "Más vale tarde" emitía este xoves as imaxes da reconstrución do crime que fixo a Garda Civil co acusado e difundiu o contido das chamadas telefónicas feitas ao 112 por Marcos Vidal e a esposa do falecido.

Durante todo este tempo o homicida confeso deu versións contraditorias sobre o que ocorreu aquel 28 de novembro de 2015, entón nada máis ser arrestado pola Garda Civil, declarou que "yo subí a matarlo. No a darle una paliza. Quería que ella sufriera por esto" pero máis recentemente cambiou o seu testemuño e implicou á viúva asegurando que Sandra "me dio las llaves y me dijo que fuera a asustarle".