A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, organizou este luns unha visita para mostrar o avance dos traballos de execución das obras de depuración de Sanxenxo e de saneamento de Raxó.
Estes traballos supoñen un investimento de 26 millóns de euros e permitirán a mellora da calidade das augas da Ría de Pontevedra.
Así se puxo de manifesto na Comision de Seguimento do convenio, celebrada hoxe en Sanxenxo na que se analizou o cronograma das obras e o orzamento executado, que rolda o 10%.
Posteriormente realizouse unha visita ás obras de ampliación da depuradora de Paxariñas na que participaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; a presidenta executiva de Acuaes, Rosa Cobo, e os alcaldes de Sanxenxo, Telmo Martín; e de Poio, Ángel Moldes.
O obxectivo da actuación é ampliar e mellorar a depuradora de Paxariñas para dar servizo a unha poboación de 100.000 habitantes equivalentes ademais de construír novas estacións de bombeo e impulsión en Raxó e Areas e ampliar diferentes tramos da rede de colectores e impulsións que permitirán conectar estes bombeos coa nova EDAR.
Tamén se van a executar as obras dun novo emisario submarino en Montalvo, de 1.300 metros de lonxitude, que substituirá ao existente.
Desde o pasado 31 de agosto, data na que se procedeu á firma das actas de comprobación do reformulo, desenvolvéronse traballos de levantamento topográfico e de reformulo, así como os de contratación e fabricación das tubaxes que conforman os novos colectores e o emisario.
A colocación de tubaxes nos colectores iniciouse en febreiro, finalizando, a falta de remates, o colector de Raxó, o de Areas e o da Avenida de León e a impulsión de Raxó, e estando en execución a impulsión de Areas da que resta o 50 por cento da súa lonxitude.
Con relación ás obras da depuradora, tallouse e rozouse completamente a parcela de ampliación na que se situarán os decantadores, o edificio de pretratamiento e o edificio de control, e procedeuse á demolición dos decantadores primarios, espesadores e taller. Comezáronse os traballos de escavación e execución dos decantadores.
As obras no bombeo de Areas comezarán este mes de abril e as do bombeo de Raxó despois do verán.
De acordo con os prazos previstos, as obras estarán finalizadas en setembro de 2025.
A actuación complétase coa execución do emisario submarino de Montalvo, cuxo inicio de traballos de montaxe da tubaxe no mar e da perforación horizontal dirixida do seu tramo incial está a programarse para que comecen a finais de abril, unha vez o Consello de Ministros aprobe proximamente a reserva de dominio público marítimo terretre necesaria para iso, e que a Autoridade Portuaria de Marín autorice a concesión de ocupación de dominio público portuario correspondente.
Todas as tubaxes e lastres a instalar están fabricados e amoreados a pé de obra no acceso central da praia de Montalvo á espera dos mencionados permisos, de forma que a praia estea plenamente operativa en época estival.
Está previsto que as obras sexan cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, dentro do Programa Operativo Plurirregional de España (POPE), e polos Concellos de Sanxenxo e Poio, segundo o convenio asinado o 29 de abril de 2021 e a addenda subscrita o 18 de abril de 2023 para a execución e financiamento das obras.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, agradeceu a colaboración institucional que permitiu a firma deste convenio e incidiu en que "fixémolo no pasado, estámolo facendo no presente e farémolo no futuro: Vivir das nosas rías". Martín aseguró que las actuaciones que se están acometiendo suponen entrar en la "excelencia no tratamento de augas e do saneamento".
Ademais, a parte de investimento do convenio que corresponde ao Concello de Sanxenxo será financiada a cargo do canon da concesionaria da auga Espiña e Delfín.
Tamén o alcalde de Poio, Ángel Moldes, asegurou que "con este convenio dase resposta a unha necesidade do sector do mar e do turismo, Raxó e Samieira deixarán de verter directamente ao mar".
O delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, asegurou que "é unha actuación que deixa en evidencia a preocupación do goberno de España polo Medio Ambiente".
A presidenta de Acuaes, Rosa Cobo, sinalou que, a pesar de que "la tramitación ambiental duró tres años, se lleva trabajando en esta obra declarada de interés general desde el 2019". Na mesma liña, destacou a importancia dos traballos.