Acuaes comeza as obras de ampliación da depuradora de Paxariñas

Sanxenxo
28 de outubro 2023

A sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, acaba de poñer en marcha as obras de execución dos proxectos de depuración de Sanxenxo e saneamento de Raxó, que contribuirán á mellora da calidade das augas da Ría de Pontevedra  

Praia de Paxariñas, en Sanxenxo Turismo de Galicia - Arquivo

A sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, acaba de poñer en marcha as obras de execución dos proxectos de depuración de Sanxenxo e saneamento de Raxó, que contribuirán á mellora da calidade das augas da Ría de Pontevedra.

Esta actuación, que foi declarada de interese xeral do Estado, comprende a ampliación da depuradora de Paxariñas, a construción de novos colectores e estacións de bombeo e a execución do emisario submarino de Montalvo.

A concesionaria da obra é a Unión Temporal de Empresas (UTE) forrmada por Pesa Medio e COPASA, por un importe de 19.554.641 euros e un prazo de 31 meses (24 meses para a execución das obras e 6 de posta en marcha).

En relación á ampliación da EDAR, as obras consistirán na incorporación dun novo pretratamiento con 4 liñas de tamizado e desareado-desengraxado, un tratamento biolóxico e decantación secundaria con 4 liñas e un sistema de desinfección da auga tratada mediante ultravioleta, ademais dunha nova liña de lodos mediante espesamiento e deshidratación.

A nova instalación permitirá tratar as augas residuais dunha poboación de 100.000 habitantes equivalentes fronte aos 57.000 actuais.

Así mesmo, construiranse novas estacións de bombeo e impulsión en Raxó e Areas, e procederase á remodelación das de Sanxenxo e Espiñeiro. Tamén se ampliarán diferentes tramos da rede de colectores e impulsións que permitirán conectar estes bombeos coa nova EDAR.

Ademais, executaranse as obras dun novo emisario submarino en Montalvo, de 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro, que substituirá ao existente.